Últimas Novas.

Como axudar en Valencia?

Reproducimos o comunicado das nosas compañeiras da Coordinadora Valenciana de ONGD no que ofrecen información ao respecto. Ante situacións de…
Leer máis...

Cine na rúa e cooperación; unha ventá ao mundo

Viaxar dende a praza do noso pobo a Guatemala a través do cine, este é o plan que decenas de…
Leer máis...

Galicia Abriga participa do encontro da Rede Pro TEJER

Os programas de protección temporal do estado español, entre os que se atopa Galicia Abriga, reunímonos en Xixón os días…
Leer máis...
icono-home-sementeiras

Sementeiras de solidariedade.

Solidariedade Internacional de Galicia é algo máis que unha ONG de Desenvolvemento. Somos un conxunto de persoas diversas unidas por unha causa común, contribuír a mellorar o mundo no que vivimos para que este sexa moito máis humano, xusto e habitable.

Neste reto, a solidariedade é a forza-núcleo que dirixe a nosa causa.

A solidariedade está no noso nome, na nosa orixe, na nosa sangue, na nosa forma de vivir, de sentir, de comportarnos. A solidariedade é o centro do que todo parte. Unha solidariedade sen fronteiras, sen límites, sen bandeiras, unha solidariedade pura, despoxada de adxectivos calificativos. A solidariedade como condición de ser que trascende o individuo cara o colectivo. Porque iso tamén nos define, equipo, grupo, piña, familia. As persoas que formamos parte desta familia soamente somos sementeiras desa solidariedade. Pois todas as accións que levamos a cabo son para espallar esa semente, para crear as condicións necesarias ao seu arredor para permitir que brote e poida crecer e multiplicarse.

As sementes son unha reserva de vida que permiten e aseguran a continuidade dunha especie pero para que a semente chegue a ser planta, ten que pasar por un proceso de crecemento, invisible nos comezos e visible só na etapa de madurez. A nosa labor tamén é a de acompañar ás persoas neses procesos de crecemento do non visible ao tanxible.

Vivimos nun lugar chamado Terra, e a terra precisa ser labrada, arada, traballada para que esta sexa produtiva, para que floreza, madure e xermine o cultivado.

O que nos gusta cultivar en Solidariedade Internacional de Galicia é a conciencia da necesidade dunha xustiza global, que inclúa a xustiza social, ambiental, política e económica para que a Terra sexa un lugar no que todas as persoas podan desenvolverse, vivir con dignidade e convivir con ledicia. Porque si, a ledicia tamén somos nos. Si algo nos caracteriza como organización é o entusiasmo, a alegría, o optimismo, a ilusión contaxiosa de querer crecer e ser mellores. Mellores persoas, mellores profesionais, mellores para nos, mellores para os outros e outras, mellores para o mundo.

E para poder ser mellores non podemos atascarnos nas consecuencias dos problemas globais, temos que imaxinar e construír solucións e alternativas que permitan xerar condicións para o ben común. Por iso é tan importante para nos a participación, como unha ferramenta de loita pacífica colectiva, xa que cada vez somos máis quenes soñamos cunha transformación social posible. Na nosa entidade a procuramos a través da cooperación internacional, a educación para a cidadanía global, o comercio xusto e a incidencia política.

Neses terreos fértiles sementamos a solidariedade tendo moi en conta os coidados e o compañeirismo, porque é un camiño que facemos entre amigas e amigos. Amizades de acá e acolá que, igual ca nos, tamén creen nun mundo mellor para todos e todas. Ese é o compromiso que en Solidariedade Internacional de Galicia asumimos con esmero.

Xa que vivimos na Terra,
sementemos!!!!

Coa túa axuda chegaremos lonxe

icono-home-2

Faite
voluntari@!

icono-home-1

Faite
Soci@!

icono-home-3

Merca
xusto!

logo-SIG-20-ok

Xunt@s facemos equipo!

230

6.7

91.018

1850