11 de maio de 2013 Día Internacional do Comercio Xusto
Nese día as organizacións solidarias de Galicia xúntanse nas súas prazas para dar demostración do que significa seguir o ideal dun comercio xusto e responsable.
Como todos os anos Solidariedade Internacional de Galicia participa activamente a ese proxecto para sensibilizar as persoas ao comercio solidario e para aproximalas a un xeito de pensar máis innovador.
A partir das 11:00
A Coruña: Praza de Pontevedra
Ourense: Rua de Paseo
Pontevedra: Praza Peregrina
Vilagarcía de Arousa: Praza de Galicia
O 11 de Maio 2013 en 73 países do mundo vaise celebrar o Día Internacional do Comercio Xusto.
Un día que ten a finalidade de recordar que existe unha alternativa ás formas ordinarias de comerciar que favorece a igualdade entre os traballadores, a calidade e a produción sostible e o coidado do medio.
Apoiando o comercio xusto favorécese a creación de novas canles comerciais innovadoras que respectan os valores socio-ambientais.
Terán presencia moitas outras organizacións que se involucran no comercio de produtos alimentarios e artesanía solidarios e tamén organizacións que se adican a outro tipo de comercio solidario como o de enerxías sostibles, economía social, arquitectura que respecta o medio e de banca ética; Intermón Oxfam, Labañou Solidaria, Zocamiñoca, Hábitat Social, Os Pico do Sol, Proxectos Mulleres Colleiteiras, Som Energia, One Reagge Band, A Casa Tomada, Bricolabs, Rainha Lupa, Rede de Troco Coruña, Tiruleque, Val de Barcia, Veloaivai, Leira Longa, Proxecto Integral, son as organizacións que confirmaron a súa presenza en A Coruña.
Na xornada haberá degustacións, charlas, xogos para os nenos; un espazo aberto para a participación e o diálogo,todo encamiñado a sensibilizar as persoas sobre consumo responsable e aproximalas á filosofía da economía social.
Nós, como consumidores, temos que ser responsables e apoiar este tipo de comercio e economía social.
Por iso, o do 11 de Maio, será un día moi interesante para coñecer os valores do comercio xusto e tamén para pasar unha xornada diferente na que pode reflexionar sobre o noso xeito de consumir.
Programa
A CORUÑA
Hora: de 11:00 ata 21:00 horas
Lugar: PRAZA DE PONTEVEDRA
Organizacións: Proxecto Integral, Fiare, Intermón Oxfam, Solidaridade Internacional, Labañou Solidaria, Som Energia, Os Picos do Sol, Arquitectos sen Fronteiras, Proxecto Mulleres Colleiteiras, Veloaivai, Bicimensaxería, Tiruleque, Rede de Troco Coruña, Saca de Favores, Reciclín Reciclán, Taller de Polo, Á Casa, Tomada, Bricolabs, One Reagge Band, Zocamiñoca, Leira Longa, Rainha Lupa, Val de Barcia.
Actividades:
- Venda de produtos de comercio xusto (alimentación e artesanía), produtos ecolóxicos e locais (verduras, carne, doce).
- Alternativas ao consumo eléctrico.
- Alternativas á banca convencional.
- Conseguir servizos sen papel.
- Descubrir e debater sobre diferentes e interesantes temas como: o comercio xusto, o consumo responsable, a banca ética, a música libre, o software libre, a tecnoloxía aberta e o demais.
- Demostración de cociñas solares.
- Música libre.
PONTEVEDRA
Hora: a partir das 11:00
Lugar: PRAZA DA PEREGRINA
Organizacións: Solidaridade Internacional de Galicia
Actividades:
- Venda de produtos de comercio xusto.
- Degustación de produtos de comercio xusto; café, infusións, doce.
- Talleres para os nenos; xogos, fotos, para que se coñezan os valores de comercio xusto.
- Música
OURENSE
Hora: a partir das 11:00
Lugar: RUA DOMINGO PASEO
Organizacións: Solidaridade Internacional de Galicia
Actividades:
- Degustación e venda de produtos de comercio xusto.
- Información sobre comercio xusto e sobre a importancia de facerse socio ou voluntario dunha organización solidaria.
- Xogos para os nenos.
VILAGARCÍA DE AROUSA
Hora: a partir das 11:00
Lugar: PRAZA DE GALICIA
Organizacións: Solidaridade Internacional de Galicia
Actividades:
- Degustación e venda de produtos de comercio xusto.
- Información sobre comercio xusto e sobre a importancia de facerse socio ou voluntario dunha organización solidaria.
- Xogos para os nenos.
Todas las actividades registraron una alta asistencia de público, tanto por la mañana como por la tarde, de manera que los Jardines estuvieron repletos, ya fuera la zona de stands o el escenario. Por si fuera poco Radio Galega estuvo presente a través de Viti González y su programa, que realizó tres conexiones en directo entrevistando a diversas ONG y artistas. Todas las entidades y la organización se mostraron muy satisfechos con el nivel de implicación de los vecinos de A Coruña, ya que no dudaron en visitar los stands, participar en los talleres y solicitar información sobre el trabajo que realizan las entidades sociales allí presentes. Además resultó muy gratificante comprobar cómo se vendieron muchos productos de comercio justo y diversas personas se ofrecieron como voluntarias para algunas de las entidades.