20 anos de Comercio Xusto en Ourense

0 Comentario
5612 Vistas

E quixemos festexalo!

Son máis de 20 anos os que Solidariedade Internacional ven tendo presenza na cidade das Burgas, cunha aposta polo Comercio Xusto que, ao principio, materializábase en espazos temporais e eventos puntuais co respaldo dun pequeno grupo de persoas voluntarias.

Pero foi un 22 de novembro de 2004 cando, grazas ao empeño dun grupo de mozos e mozas ben motivados tras participar dunhas “Vacacións Solidarias en Guatemala”, programa estrela daquela na nosa entidade, abrimos a primeira tenda permanente de Comercio Xusto en Ourense e a primeira, tamén, de Solidariedade Internacional de Galicia.

En apenas 13 metros cadrados, no número 8 da Rúa da Paz, e grazas a moitas mans voluntarias, fixemos daquel espazo un referente do consumo responsable na cidade das Burgas.

Dende aquela ata hoxe, e tras dous cambios de localización, a nosa benquerida tenda ten enfrontado un sistema capitalista supremacista, que desbota ao diferente, ao pequeno, e ao público, ocasionado crises económicas o decaemento do pequeno comercio e múltiples pandemias sanitarias e sociais.

Neste tempo participaron activamente da vida desta tendas 42 persoas en calidade de voluntarias ou persoal técnico, vendemos artigos de alimentación e artesanía de Comercio Xusto por valor de mais de medio millón de euros e contribuímos a mellorar as condicións de vida de milleiros de produtores e produtoras en países de América Latina, África e Asia. Máis con todo, estes 20 anos non terían sido posibles sen todos eses consumidores e consumidoras responsables que ano a ano foron conformando o que hoxe é unha clientela fiel e comprometida que nos permite abrir as nosas portas cada dia.

Un repaso á historia, á festa e ás felicitacións recibidas

Sen embargo, o compromiso de Solidariedade Internacional de Galicia na cidade de Ourense non se manifesta única e exclusivamente neste espazo físico hoxe situado na rúa Bailén, pois nestas dúas décadas, a nosa organización ten ocupado outros moitos lugares como prazas, rúas, pavillóns e teatros que nos servíron para sensibilizar e concienciar, e sobre todo, servironnos para convidar a toda a cidadanía ourensá a ser parte activa na defensa dos dereitos e da dignidade para todas as vidas.

Deste xeito, fixemos campañas e chamados para denunciar a violencia que sofren as mulleres prostituídas, as persoas indíxenas, os traballadores e traballadoras escravizados, a infancia e demais persoas e colectivos vulnerados. Sumámonos e impulsamos actos de denuncia contra a ocupación dos territorios palestinos e do Sáhara Occidental, causa ambas que hoxe están lonxe de ser resoltas mentres o sufrimento e a morte protagonizan as vidas de quen alí habita.

Neste tempo fixemos moitas tolemias; convocamos noites solidarias nos que chegaron a participar decenas de bares da cidade, apadriñamos galiñas, contamos contos, organizamos concertos, estreamos curtametraxes…
Foron moitas as testemuñas de mulleres e homes que pasaron por esta cidade para contar as súas loitas e activismos en países coma Colombia, Nicaragua, Guatemala, Honduras, El Salvador, Bolivia e centos de ourensáns os que quixeron escoitar os seus relatos.

Hoxe, a tenda de Ourense é un espazo aberto á cidadanía, un espazo de participación social, un lugar a través do cal canalizar o compromiso ca xustiza e a transformación social e do que o actual presidente da entidade di “…aquí dentro hai 800 millóns de persoas repensando as súas relacións no mundo, opoñéndose ao novo capitalismo voraz. Están baixo o paraugas do Comercio Xusto. Entra e cúbrete!”

Por todo isto, o pasado 22 de novembro, celebramos un fermoso encontro que serviu para recordar, compartir e festexar un compromiso que xa dura dúas décadas.

Grazas a todas as persoas que, dun ou doutro xeito, participáchedes deste aniversario.



Un paso máis no noso compromiso co Comercio Xusto

En 2025, Solidariedade Internacional de Galicia dá un salto significativo...

Alerta: criminalización da solidariedade en El Salvador

O presidente Bukele promove unha lei que reterá o 30%...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.