Comezamos! 500 activistas polo mundo que queremos

0 Comentario
3895 Vistas

Comeza o proxecto educativo “Activistas polo mundo que queremos

Con demasiada frecuencia os e as adolescentes son vistos como apáticos e egocéntricos. Pero unha nova xeración de mocidade está demostrando que moitos mozos e mozas están, de feito, moi preocupados polos problemas sociais, políticos e ambientais, e están completamente preparados para facer algo ao respecto.  Este mes de xaneiro de 2021  arranca unha nova edición do proxecto de educación en valores  Activistas polo mundo que queremos’, que forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Participarán case cincocentos mozos e mozas de seis institutos galegos. A idea, mudar as cousas que non lles gustan!

Dende Gretta Tumber ou Malala a Emma Gonzalez ou Amika George, nos últimos anos están a xurdir novos e crecentes movementos sociais promovidos por adolescentes. Este proxecto, que se estenderá ata o mes de abril,  pretende apoiar ao alumnado galego para que coñeza e de algunha maneira se integre neste movemento global de xuventude inspiradora. 

Os centros educativos que se suman ao proxecto este ano son o  CPI As Mirandas en Ares (A Coruña), o CPI Plurilingüe de Castroverde (Lugo) e na provincia de Pontevedra o IES Primeiro de Marzo de Baiona,  IES Miguel Ángel González Estévez de O Carril en Vilagarcía de Arousa, o CPI do Toural de Vilaboa, e CPR Rosalía de Castro en Vigo.

Será a oitava edición dun proxecto que xa achegou estas cuestións a máis de 3.000 alumnos e alumnas dende o 2013,  pero que por mor da pandemia, este ano incluirá unha forte aposta pola educación virtual. ‘Activistas polo mundo que queremos’ mestura nesta nova edición as sesións presenciais coas online a través dunha aula virtual.  

Durante este mes de xaneiro terá lugar a primeira sesión presencial do proxecto, onde os mozos e mozas aprenderán o que significa ser un activista. Na segunda sesión o alumnado participante achegarase virtualmente ás realidades de outros países como O Salvador, Marrocos, Guinea Bissau ou a República Dominicana. Na terceira sesión,  xa en febreiro e tamén online, terán a oportunidade de charlar con activistas que dende República Dominicana e O Salvador loitan por mellorar as condicións de vida nos seus países.  Na cuarta sesión, a través da aula virtual de comunicación transformadora aprenderán como as ferramentas comunicativas lles poden axudar no seu activismo. Marzo, será o mes de poñerse en acción coa quinta sesión, que será presencial,  e na que porán en práctica todo o investigado e aprendido cun obradoiro de radio no que elaborarán as súas propias reportaxes radiofónicas. En abril terá lugar a última sesión online de ciberactivismo e contrapublicidade.

A punto final do proxecto será a presentación de todo o traballo feito durante o curso nos diferentes concellos dos centros educativos. Estas presentacións teñen o obxectivo de amplificar as mensaxes elaboradas polo alumnado e convidar ao resto da comunidade a coñecelas e tomar partido.

«Activistas polo mundo queremos» faise posible grazas a unión de tres ONGDs galegas, Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) co financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE.  

Achégate ao proxecto a través deste vídeo:


Discurso de Haydee Castillo no acto de entrega do Recoñecemento Internacional ACAMPA 2024

O pasado 9 de xuño, a activista nicaraguana Haydee Castillo...

Entrega de galardóns do III Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global

O centro sociocultural de Santa Marta, en Compostela, acolleu a...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.