DE VISITA Á FABRICA DE CHOCOLATE

0 Comentario
8646 Vistas

O pasado mes de abril, 17 persoas entre voluntariado e parte da equipa técnica da nosa organización, emprendemos rumbo a Francia para fortalecer os nosos coñecementos sobre o Comercio Xusto e, especificamente, sobre os procesos do cacao.

Para isto trasladámonos ata Fleurance, unha pequena vila na que se atopa a fábrica de Ethiquable, a única de Europa que garante unha cadea de subministro 100% de Comercio Xusto e sostible de principio a fin, dotando ademais de maior autonomía aos produtores e produtoras de cacao en orixe. Ademais, esta empresa é 100% cooperativa, sendo os seus únicos accionistas os propios traballadores e traballadoras e estando tamén recoñecida como Empresa Solidaria de Utilidade Social.

Video resumo da visita


Da man da cooperativa IDEAS puidemos gozar dunha visita guiada á fábrica a través da cal o noso equipo puido reforzar e aprender máis sobre os procesos que transcorren entre as súas paredes: dende que  que chegan os froitos do cacao ata que saen en forma de tableta e se transportan ás distintas tendas nas que se comercializan. Ademais, cabe salientar que esta non é unha fábrica ao uso, senón que no seu interior tamén se atopa un museo vencellado aos procesos do cacao, poñendo en valor este produto, ás persoas que o cultivan e ás que o procesan para que poidamos gozar dun magnífico chocolate de tan alta calidade nos nosos fogares.

Aproveitamos tamén a visita para coñecer unha das tendas Biocoop, un proxecto cooperativo que aposta pola agricultura ecolóxica sostible e o Comercio Xusto, colocando a ética e a cooperación no centro da súa actividade e desenvolvemento.

A través desta viaxe, ademais de adquirir e reforzar coñecementos respecto ao Comercio Xusto e aos procesos do cacao, tamén se fomentou unha maior cohesión entre o noso voluntariado, fomentando espazos para a reflexión conxunta sobre o aprendido, así coma momentos de lecer nos que fortalecer lazos entre persoal técnico e voluntariado.

Esta visita formou parte do proxecto “O MOVEMENTO SOCIAL DO COMERCIO XUSTO COMO EXERCICIO DE CIDADANÍA GLOBAL: UNHA CONTRIBUCIÓN Á CONSECUCIÓN DA AXENDA 2030 DESDE GALICIA. FASE II” financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia.


Rexeitamos calquera manifestación de odio, racismo e xenofobia

Torre Pacheco, Alcalá de Henares ou Anoia son algúns dos...

Un paso máis no noso compromiso co Comercio Xusto

En 2025, Solidariedade Internacional de Galicia dá un salto significativo...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.