A nosa entidade

Quen somos!.

Pasaron xa máis de dúas décadas dende que un grupo de persoas, que rondaban entón os vinte anos, tomaron as rendas dunha asociación creada en Galicia para cubrir os fins da xa extinta Fundación Solidaridad Internacional, con sede en Madrid. Nese tempo constituíanse, tamén, asociacións homónimas no País Valenciano, País Vasco, Andalucía e Canarias.

Baixo a premisa de promover unha cooperación internacional progresista, de vangarda e con capacidade de provocar cambios profundos que dignifiquen a vida das persoas, ao longo da nosa historia temos posto en marcha máis de 60 proxectos de cooperación internacional en 15 países da man de 36 organizacións locais, traballamos con máis de 7.500 estudiantes galegos e abrimos tres tendas de Comercio Xusto que cada día, dende hai máis de 10 anos, abren as súas portas a diario nas cidades de Ourense e Pontevedra.

Hoxe, Solidariedade Internacional de Galicia constituese coma unha entidade amplamente participada por persoas que entendemos a solidariedade como unha forma de ser e estar no mundo. Apostamos pola erradicación da pobreza e unha redistribución equitativa dos recursos.

Cremos firmemente na educación como ferramenta de transformación social e nun modelo económico ao servizo de todalas persoas. Actuamos de forma sostida, con eficiencia, relevancia e vocación transformadora, promovendo a solidariedade da sociedade galega para un desenvolvemento social compartido cos países do Sur.

Somos persoas comprometidas e convencidas do que facemos. Implicámonos coa nosa organización e cremos no noso modelo de acción. Somos responsables coas personas e coa contorna. Temos experiencia e profesionalidade.

A nosa misión

Queremos ser unha entidade recoñecida socialmente polo impacto das nosas accións como xeradoras de cambios positivos nas condicións de vida das persoas. Queremos ser unha entidade democrática, participada e innovadora, que promove a xustiza social a partir dun traballo coherente e complementario en catro campos de actuación:

A educación para o
desenvolvemento
Comercio
xusto
A participación
social
A cooperación
internacional

A nosa visión.

Con todo, queremos acadar:

Solidariedade Internacional de Galicia estamos suscritos ao código de conducta da Coordinadora Galega de ONGD, unha ferramenta que nos exixe rendir contas das nosas intervencións e nos axuda a mellorar o noso traballo.