A nova web de Solidariedade Internacional de Galica e o BISIG

4 Comentarios
707 Vistas

Unha organización en constante crecemento precisa de ferramentas áxiles que faciliten información útil a todos aqueles que, dunha ou outra forma, participan da organización. Neste senso, dende Solidariedade Internacional de Galicia, preténdese mellorar tanto os sistemas de información interna como os contidos trasladados a socio/as e voluntario/as.

A intención é dispor de ferramentas de comunicación interna que respondan a criterios de accesibilidade e funcionalidade e que, dende o primeiro momento, sexan incorporadas na organización e interiorizado o seu uso por parte de tódolos membros da mesma.

Falamos en concretro de dous elementos; o BISIG e a nova web de Solidariedade Internacional de Galicia.

O BISIG

Trátase dun boletín (Boletín Informativo de Solidariedade Internacional de Galicia) no que se incluirá información actualizada relativa a todo o traballo realizado dende os distintos departamentos de SIG, incluíndo un apartado específico para aquelas actividades que requiren da participación do voluntariado. O Boletín Electrónico será quincenal.

A nova web

Decidiuse crear unha nova web, cun deseño innovador, información actualizada e que dispoña de novos espazos de interese e participación como este blog, para que todos os interesados podades compartir a vosa opinión e asi facer a visita máis interactiva…¡Anímate e deixanos un comentario!


4 replies added

  1. Ansiando o primeiro BISIG, felicito a todo o equipo responsable dos contidos da nova web xa que ó fin temos unha ferramenta útil para que quenes non nos coñecen teñan información útil do que facemos, da nosa forma de traballo e das cousas que nos preocupan.
    E para que quenes xa formamos parte desta familia poidamos comunicarnos entre nós, saber as opinións de todos respecto dos temas que nos preocupan e darllos a coñexer á xente de fóra.
    Este blog abre un espazo de comunicación que confío en que nos axude a manter a nosa pluralidade.

  2. Quisiera recibir boletin y fotos de la visita de Don Hugo Torres, miembro de mi partido, para publicarlo en la página web y circularlo.

  3. ¡Les felicito, de todo corazón!
    Discúlpenme por no escribir en Gallego, pero soy chapina y aquí no se habla, ni se promueve el conocimiento de ese idioma que me parece tan bonito.
    Gracias por compartir sus nuevos logros. Va un grandísimo abrazo a todo el equipo de magníficas personas que conforman Si Galicia y a todas aquellas personas voluntarias que contribuyen a llevar esa labor a alcances inimaginables.
    Con aprecio, les deseo éxitos en esta nueva empresa.

Leave a Reply to Carolina Contreras Cancel Reply

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.