A PARTICIPACIÓN SOCIAL DAS PERSOAS MAIORES EN GALICIA

0 Comentario
8198 Vistas

No ano 2022, Solidariedade Internacional de Galicia elaboramos o “ESTUDO SOBRE A PARTICIPACIÓN SOCIAL DAS PERSOAS MAIORES DE 50 ANOS DE GALICIA”. A investigación enmárcase no “Programa de promoción da acción voluntaria das persoas maiores: do envellecemento activo ao envellecemento activista”, que conta co apoio e financiamento da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia a través da convocatoria da asignación do 0,7% do IRPF.

A participación é un elemento chave e indispensable para a transformación social, polo que nos últimos, dende a nosa entidade traballamos arredor desta cuestión, e desenvolvemos procesos participativos extensos tanto cara dentro como cara fóra da institución. É por iso que no seo da nosa organización naceu a inquedanza de desenvolver este estudo.

O estudo foi concibido como un instrumento de reflexión para facilitar o desenvolvemento de iniciativas que promovan a participación deste colectivo dentro do territorio galego. O seu obxectivo foi achegarnos á realidade da participación social, política e cidadá das persoas maiores en Galicia a través dunha investigación diagnóstica de carácter descritivo. Pois a intención foi poder describir o estado da participación das persoas maiores en Galicia: quen participa, en que, como, por que (motivacións /aspectos positivos), por que non (dificultades/ barreiras).

O mesmo contén un marco teórico desglosado en: contextualización da participación, contextualización das persoas maiores en Galicia, o estado da cuestión sobre as persoas maiores e a participación social e, por último, a promoción da participación social das persoas maiores en Galicia. Despois recolle a parte do estudo empírico: metodoloxías, ferramentas de recollida de información, técnicas de análise de datos, etc. No apartado de Resultados pódense consultar as respostas a cada unha das preguntas que compuxeron o cuestionario que se levou a cabo e para o cal contamos cunha mostra de 213 participantes. Por último apórtanse conclusións que resumen os achados da investigación, as referencias e os anexos correspondentes.

Os resultados e conclusións do estudo son moi interesantes, convidan a repensar os xeitos de ser e de facer das organizacións e colectivos, ofrece indicios sobre as inquedanzas, intereses e demandas da xente maior e da algunhas pistas para acadar niveis de participación e implicación máis elevados. Por todo elo, convidámosvos a ler e desfrutar deste documento, sempre aberto, ademais, a calquera suxestión de mellora ou continuidade que nos queirades achegar.

Podes acceder á investigación a través deste enlace.

Imaxe tomada nunha sesión de traballo no marco da investigación

Rexeitamos calquera manifestación de odio, racismo e xenofobia

Torre Pacheco, Alcalá de Henares ou Anoia son algúns dos...

Un paso máis no noso compromiso co Comercio Xusto

En 2025, Solidariedade Internacional de Galicia dá un salto significativo...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.