ACTIVISMO SÉNIOR 2024

0 Comentario
9588 Vistas

Comezan as intervencións educativas do ciclo «ACTIVISMO SÉNIOR; Cidadanía Global e Consumo Responsable a partir dos 50» co obxectivo de contribuír á formación integral das persoas maiores en Galicia para exercer a cidadanía global, promovendo a súa participación social e voluntariado.

DESTINATARIOS:

Persoas maiores de 50 anos con ganas de cambiar o mundo.

DATAS E LUGARES:

  • Martes 14 e mércores 15 de maio en Xermade co alumnado do Proxecto de Democratización do Coñecemento do IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela (Biblioteca municipal, Av. Villalba, s/n, Xermade, Lugo).
  • Luns 20 e martes 21 de maio en Sober co alumnado do Proxecto de Democratización do Coñecemento do IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela (Centro Sociocultural, Praza do Concello, s/n, Sober, Lugo).
  • Mércores 22 de maio en Santiago de Compostela co alumnado de ATEGAL (Rúa da Virxe da Cerca, 31, Santiago).
  • Martes 28 e mércores 29 de maio en Monforte de Lemos co alumnado do Proxecto de Democratización do Coñecemento do IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela (Biblioteca municipal, Praza de España, 3, Monforte de Lemos, Lugo).

PROGRAMA:

SEMINARIO SOBRE O CONSUMO RESPONSABLE E CATA DE CACAO DE COMERCIO XUSTO.

Coñeceremos o sistema de comercio internacional e as consecuencias de empobrecemento que ocasiona aos produtores nos países de orixe, reflexionamos sobre os nosos propios xeitos de consumo, coñeceremos o Comercio Xusto como alternativa na defensa dos dereitos laborais de todas as persoas, e realizaremos unha cata de

chocolate mediante a que afondaremos no proceso de transformación do froito do cacao.

QUEN QUERE SER MILLONARIO/A? OBRADOIRO PRÁCTICO SOBRE A EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA GLOBAL E A COOPERACIÓN INTERNACIONAL.

Aportarase unha mirada global sobre as problemáticas sociais e medioambientais actuais, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e as relacións de interdependencia e corresponsabilidade como ferramentas de transformación social orientada ao exercicio da participación social das persoas maiores.

FEIRA DE MOSTRAS DE COMERCIO XUSTO.

A través da montaxe e dinamización dunha feira de mostras de Comercio Xusto achegarémonos á realidade de tres produtos: o café, o cacao e o azucre de caña. A Feira contará con exposicións e degustacións que servirán para afondar sobre a orixe, produción, comercialización, características e variedades destes produtos, así coma coñecer os problemas aos que os produtores e produtoras se enfrontan ata que estes chegan ás nosas mans como consumidores finais.

Este proxecto está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través da convocatoria da asignación do 0,7% do IRPF. Máis información en: educacion@solidaridadgalicia.org


20 anos de Comercio Xusto en Ourense

E quixemos festexalo! Son máis de 20 anos os que...

Construindo voluntariado

Un encontro con Evelyn Ramirez Evelyn Ramírez, representante da asociación...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.