ACTIVISMO SENIOR
E chega a Santiago de Compostela o ciclo «Activismo Sénior; Cooperación Internacional e Cidadanía Global a partir dos 50» co obxectivo de contribuír á formación integral das persoas maiores de 50 anos para exercer a cidadanía global, promovendo a súa participación social.
DESTINATARIOS:
Persoas maiores de 50 anos con ganas de cambiar o mundo.
DATAS E LUGAR:
Xoves 3, 10 e 17 de novembro de 2022 en horario de 17:30-19:00h na Sede de ATEGAL Santiago (Rúa da Virxe da Cerca, 31, 15703, Santiago de Compostela)
PROGRAMA:
3 DE NOVEMBRO
COOPERACIÓN INTERNACIONAL, EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA GLOBAL E COMERCIO XUSTO
Achegarase unha mirada Global das problemáticas sociais e medioambientais actuais a través do Comercio Xusto, a Cooperación internacional, a Cidadanía Global, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e as relacións de interdependencia e corresponsabilidade como ferramentas de transformación social.
10 DE NOVEMBRO
COMERCIO XUSTO E CONSUMO RESPONSABLE
Daranse a coñecer alternativas de consumo responsable comprometidas co desenvolvemento humano e sostible afondando no comercio xusto. . Realizarase unha cata de chocolate de comercio xusto.
17 DE NOVEMBRO
PARTICIPACIÓN SOCIAL; ACTUAR PARA TRANSFORMAR
Abordaranse xeitos de participación social e activismo, coñecerase «O Globo», unha ferramenta de participación específica que permitirá levar á práctica o aprendido a través do deseño conxunto dunha micro-experiencia de transformación social.
Este proxecto está financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia a través da convocatoria da asignación do 0,7% do IRPF.