A ADOLESCENCIA GALEGA ANTE A REALIDADE COLOMBIANA

0 Comentario
9231 Vistas

Os case catrocentos estudantes de secundaria que este ano formaron parte do proxecto educativo Activistas polo Mundo Que Queremos veñen de recibir a visita de dúas activistas colombianas procedentes das comunas 2 e 13 de Medellín, que traballan por liberarse das diferentes situacións de opresión e inxustiza que tanto elas como outras persoas das súas comunidades sofren a diario.

Fano da man da Fundación Forjando Futuros, que traballa en Colombia dende fai máis de vinte anos na restitución das terras desposuídas ou abandonadas con motivo do conflito armado colombiano e na defensa e promoción dos dereitos humanos e o fortalecemento de comunidades vulnerables.

Sara Graciano e Yorya Gaviria foron deixando pegada por Ourense, Vilalba, Camariñas, Noia, Cambados e Vilanova de Arousa, co fin último de animar á mocidade a actuar, dende o seu contexto, ante aquelas situacións que perciben como inxustas.

Sara e Yorya

Sara Graciano é psicóloga, e ten experiencia no marco dos Laboratorios Xuvenís impulsados pola Fundación Forjando Futuros e, en xeral, con xuventude colombiana de entornos vulnerables en cuestións como a participación democrática, os dereitos humanos e a paz, a memoria histórica, a saúde mental e a apropiación do territorio.

Yorya Gaviria, pola súa parte, conta con formación e ten traballado en ciberactivismo, teatro, performance e antirracismo. Forma parte da colectiva “Charlando sin culpa”, que trata de actuar ante a problemática da fame na mocidade. O seu activismo céntranse na sensibilización ao redor das violencias de xénero e a defensa dos dereitos humanos.

Sara e Yorya co alumnado

Esta sesión supuxo o peche dun proxecto que comezou co inicio de curso escolar, e que vai xa pola súa onceava edición. Nel, as mozas e mozos participantes puideron coñecer o que significa ser unha persoa activista,  reflexionaron sobre o papel dos medios de comunicación e as redes sociais e utilizaron a radio para o seu activismo creando os seus propios podcast radiofónicos.

Para finalizar, puideron coñecer a través dos relatos en primeira persoa de Sara e Yorya o que significa facer activismo nun país do Sur Global, visualizando así as diferenzas Norte-Sur e experimentando, mediante ferramentas como o Fancine, o Clown ou a Performance, diferentes xeitos de denunciar as inxustizas. E é que, se algo nos quedou claro coa visita das nosas amigas é que a indignación ante as inxustizas non é unha elección.

Vémonos o vindeiro curso!


Discurso de Haydee Castillo no acto de entrega do Recoñecemento Internacional ACAMPA 2024

O pasado 9 de xuño, a activista nicaraguana Haydee Castillo...

Entrega de galardóns do III Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global

O centro sociocultural de Santa Marta, en Compostela, acolleu a...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.