Arrinca a terceira edición de Galicia Abriga

1 Comentario
6963 Vistas

Arrincou en Compostela a terceira edición de Galicia Abriga, coa revisión da avaliación elaborada pola consultora especializada Ao Paso respecto da segunda fase do programa e coa apertura da convocatoria para que organizacións galegas presenten as súas propostas de mulleres defensoras de dereitos humanos que poderían beneficiarse dun acollemento temporal en Galicia.

Aquelas organizacións inscritas no rexistro galego de ONGDs que o desexen, poden solicitar xa e ata o vindeiro 30 de abril de 2026 a acollida temporal de mulleres defensoras pertencentes a organizacións sociais de países onde a cooperación galega ten presenza, para que poidan mellorar as condicións de seguridade e benestar nas que realizan o seu traballo de defensoría.

Están dispoñibles para descarga as bases desta terceira convocatoria, o formulario de presentación de candidaturas e as actas de compromiso tanto das entidades galegas solicitantes como das organizacións ás que pertencen as mulleres, no seu país de orixe. Tamén están a disposición de todas aquelas persoas ou entidades interesadas o resumo executivo e máis a avaliación íntegra da segunda edición do programa.


Entre casas de adobe e terreos secos, o traballo faise visible nas paredes

MEJORHA, entidade socia preferente para Solidariedade Internacional de Galicia, leva...

Intercambiar saberes para transformar a intervención social. Por Irene Otero

Nos últimos meses tiven a oportunidade de participar nun proceso...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.