Arrinca unha nova edición de «Activistas polo Mundo que Queremos»

0 Comentario
6419 Vistas

Este sábado 8 de novembro celebrouse na EGAP a sesión de formación inicial do proxecto Activistas polo Mundo que Queremos, unha iniciativa de Educación para a Cidadanía Global impulsada por Solidariedade Internacional de Galicia, ACPP e Agareso, no marco do Plan Proxecta+ da Xunta de Galicia.

A formación, chamada “Estratexias innovadoras para traballar os activismos xuvenís”, serviu como punto de partida para o curso 2025/2026, reunindo a 14 docentes dos catro centros educativos participantes nesta nova edición: o IES A Paralaia de Moaña, o IES do Milladoiro de Ames, o IES Eduardo Pondal de Ponteceso e o IES Ramón Caamaño de Muxía. A todos/as eles/as queremos agradecerlles a súa implicación e compromiso durante a xornada, que serviu como espazo de aprendizaxe compartida e de intercambio de experiencias.

Profesorado durante a sesión formativa

Durante a sesión da mañá, o equipo técnico do proxecto presentou as claves pedagóxicas de Activistas polo Mundo que Queremos, baseadas nunha educación transformadora, crítica e participativa que convida ao alumnado a implicarse activamente na construción dun mundo máis xusto e sostible. Abordáronse cuestións como o marco teórico da Educación para a Cidadanía Global, o uso da comunicación e da radio como ferramentas de cambio social, e o funcionamento da aula virtual do proxecto.

Xa na tarde, comezamos debullando o rol do  profesorado e a programación das sesións ao longo do curso para logo contar coa colaboración da cooperativa Outonía, que aproveitou o espazo para recoller información relevante de cara ao informe de diagnóstico inicial, ademais de compartir datos preliminares das enquisas realizadas ao alumnado participante, que axudarán a coñecer mellor a realidade da situación de partida en cada centro.

Con esta sesión, Activistas polo Mundo que Queremos bota a andar un novo curso cargado de ilusión e compromiso. Un espazo educativo que, por décimo terceira ocasión, chega ás aulas para tratar de fortalecer os valores do antirracismo, feminismo, xustiza ambiental e defensa dos dereitos LGTBIQ+, promovendo unha mocidade galega comprometida co cambio social.


20 anos da Tenda de Comercio Xusto A Coruña

Pasaron xa 20 anos dende que abriramos aquela primeira tenda...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.