AS NOSAS TENDAS ABREN DE NOVO AS SÚAS PORTAS

0 Comentario
2255 Vistas

Despois de dous meses pechadas, o luns 11 de maio, as nosas tendas de Comercio Xusto volven abrir ao público.

O pasado 13 de marzo, o equipo de Solidariedade Internacional de Galicia asumía á súa responsabilidade social na contención da propagación dun virus que mudou as nosas vidas. Ese día, as nosas tendas, como tantas outras, pecharon as súas portas. Unhas portas que levaban abríndose de luns a sábado dende facía máis dunha década nas cidades de Pontevedra, Ourense e A Coruña.

O vindeiro luns, día 11, retomaremos a nosa actividade ónde a deixamos coa intención de poder seguir ofertando á cidadanía a posibilidade de practicar un consumo consciente e responsable coas persoas e a contorna.

Así, en A Coruña, María, Zaida e Ana estarán ao voso servizo en horario de 10:30 a 13:30 e de 17:30 a 20:30 de luns a venres.

tienda-comercio-xusto-pontevedra_peq

Yasmin e María farán o propio en Pontevedra no mesmo horario, incluíndo os sábados entre as 11:00 e as 14:00 horas.

En Ourense serán Alba e Lara as que, a partir das 9:00 e ata as 13:00 en horario de mañá e de 17:00 a 20:30 polas tardes, atendan as vosas compras e respondan ás vosas dúbidas.

Así mesmo, nas tres tendas temos habilitado un horario preferente para persoas maiores de 65 anos de 11:00 a 12:00 e de 19:00 a 20:00 horas.

Coa intención de garantir as medidas de hixiene e seguridade aconselladas polas autoridades sanitarias, dende Solidariedade Internacional de Galicia temos elaborado un protocolo que podes consultar aquí.

Sabemos que non será doado, pero temos a certeza de que contaremos con todos vós!


III PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL

Convocatoria aberta! O propósito do galardón é recoñecer experiencias educativas...

COÑECES AS NOSAS TENDAS?

As compañeiras de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.