As nosas tendas

Comercio xusto para darlle valor ás nosas compras.

As tendas de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional son espazos de encontro para a participación social e a solidariedade, portas de acceso á nosa organización, onde cada persoa que entra non é so un cliente se non alguén con quen compartir os nosos principios e valores.

As nosas tendas en A Coruña, Ourense e Pontevedra, abertas dende hai máis dunha década, son posibles grazas á labor de moitos homes e mulleres que, a través do seu voluntariado, as fan posibles.

Solidariedade Internacional entende o Comercio Xusto coma unha poderosa ferramenta de loita contra a pobreza. Parte da súa importancia radica en ser un movemento social global que reivindica unhas relacións comerciais xustas para acadar un verdadeiro desenvolvemento humano e sostible. O Comercio Xusto é, para nos, a oportunidade de promover un cambio na nosa maneira de consumir, alentando á reflexión sobre as prácticas e consecuencias dos actuais modelos de produción, comercialización e consumo e apostando por un alternativas que xa son unha realidade.

As tendas de SIG.

E tamén a domicilio.

O noso novo servizo que permitirá facilitar as túas compras de Comercio Xusto.

Seguindo os consellos das autoridades sanitarias e coa finalidade de garantir o acceso a unha compra social e medioambientalmente responsable en condicións de seguridade, dende Solidariedade Internacional de Galicia sumámomos ao comercio a domicilio.

É moi sinxelo, descarga a nosa listaxe de produtos de alimentación dispoñibles e envía o teu pedido a comercioxusto@solidaridadgalicia.org, respondéremoste á maior brevidade indicando condicións de entrega.

Últimos eventos.