Sabías que temos tres tendas de Comercio Xusto en Galicia?
Hai xa máis de 15 anos, no 2004, e froito do esforzo de moitas persoas voluntarias, abrimos a nosa primeira tenda de Comercio Xusto en Ourense. Un espazo que rapidamente convertiuse nun referente de consumo responsable na cidade.
Tras Ourense chegaron A Coruña, no 2006, e Pontevedra, no 2007. Todas elas continúan, a día de hoxe, abrindo as súas portas cada día.
As tendas de Solidariedade Internacional de Galicia pretenden ser espazos de encontro para a participación social e a solidariedade. Un lugar no que compartir os nosos principios e valores. Dende a nosa entidade pretendemos reivindicar a través delas o Comercio Xusto.
Alba, Carla e Iker, alumnado en Aprendizaxe Servizo da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC, fixeron esta pequena peza audiovisual para poñer en valor estes comercios que son, sen dúbida, imprescindibles na nosa vida institucional.
Grazas a todas as persoas, clientas e voluntarias, que o facedes posible!