ASÍ FOI A NOSA ASEMBLEA ANUAL

1 Comentario
9465 Vistas

O pasado 9 de marzo celebramos a nosa Asemblea Anual Ordinaria no Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago de Compostela. Un espazo de encontro para a base social da entidade que ten unha dobre finalidade; dunha banda rendir contas sobre o traballo realizado no xa rematado 2023 e, doutra, plantexar os retos e desafíos do ano en curso e establecer unha folla de ruta que nos permita avanzar cara os nosos fins.

Neste senso, comezou a Asemblea cunha benvida ás persoas asistentes por parte do noso presidente, Rubén Campo Gil, quen aproveitou para poñer en valor o traballo realizado tanto polo equipo técnico como pola nova Xunta Directiva no seu primeiro ano de mandato. Con respecto a este último e a continuación, Maria Caride, vogal, expuso os que foron os obxectivos do equipo de goberno e Miren Blanco, secretaria da entidade, presentou un exhaustivo informe sobre a actividade desenvolvida para acadalos.

Xa para facer balance do acontecido no ano 2023, María Paz, directora, presentou unha vídeo-memoria que percorreu os principais acontecementos dese periodo e que foi acompañado pola visita a unha exposición que, en forma de columnas informativas, expuña a información relevante sobre cada un dos proxectos executados nas áreas de Cooperación Internacional, Educación para a Cidadanía Global e Comercio Xusto. De seguido foron aprobados os informes económicos anuais correspondentes, xa públicos nesta web.

VÍDEO-MEMORIA 2023

O 2024 quixémolo abordar de maneira colectiva, o que nos levou a desenvolver unha actividade a través da cal todas as persoas asistentes puideron participar activamente da elaboración das propostas que protagonizarán este ano no marco das iniciativas máis salientables da entidade coma O Globo, Activismo Senior, Cine na Rúa, as Tendas de Comercio Xusto ou aquelas que estamos a levar a cabo en Guatemala, Honduras, O Salvador ou Bolivia.

No marco tamén do Plan Anual 2024, Laura Cruz, vogal, presentou unha proposta de melloras laborais que comenzaron a aplicarse dende ese mesmo momento.

Visita á exposición informativa

E antes de rematar tivemos a oportunidade de coñecer de primeira man a experiencia da xinecologa Minda Gil, do Centro Hospitalario Universitario de A Coruña, recén chegada de Honduras tras participar da segunda brigada médica promovida no país xunto coas nosas socias Solidaridade Galega e Sólida.

O peche da encontro correu a cargo de Lara Blanco, vicepresidenta, quen agradeceu a participación de todas as persoas e convidounos a continuar no camiño do traballo coidado, responsable e profesional co que pretendemos contribuír a xerar cambios positivos na vida das persoas.


Ponte ao día! Un xogo dixital sobre cooperación internacional

Dentro do programa Somos Ponte, promovido pola Coordinadora Galega de ONGD...

Contos sobre Oriente Próximo en A Coruña

O pasado 11 de decembro, as nosas compañeiras María e...

1 reply added

  1. Caro Campos 22/05/2024 Responder

    Grazas de novo polo xigantesco chute de enerxía positiva que foi a asemblea deste ano. Parabén primeiro pola calidade dos contidos, segundo polo dinamismo da xornada e terceiro e ao mesmo nivel de importancia que as anteriores, pola calidade humana e a atmósfera tan fantástica que xenerades sempre. Abrazos equipa Soli

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.