Campamentos Maias nos concellos galegos

4 Comentarios
228 Vistas

Solidariedade Internacional de Galicia en colaboración con Farmamundi, Acsur e Arquitectos sen Fronteiras convida aos nenos e nenas galegos/as a coñecer a historia e as reinvidicacións actuáis da poboación indíxena de Guatemala, especialmente as das súas mulleres.

Dende o pasado 4 de xuño e ata o vindeiro 21 de xullo, un total de 16 concellos galegos participan desta iniciativa na que os máis pequenos teñen a oportunidade de desfrutar dunha xornada de convivencia nun verdadeiro campamento maia. Ao longo de todo o día achéganse ao xeito de vida das poboacións maias a través de xogos e dinámicas encadradas no marco da educación ao desenvolvemento, na que se fusionan o xogo coa aprendizaxe de experiencias.

Esta nova proposta forma parte do proxecto de sensibilización “Coñecendo os Pobos, Achegando culturas” e é o resultado do labor coordinado destas 4 ONGD galegas que, o mesmo tempo, están a traballar xuntas en Guatemala no marco do Programa de Desenvolvemento Integral Oxlajuj TzIkin, na costa do pacífico sur de Guatemala. Impulsado pola Xunta de Galicia, este programa, en coordinación coas Municipalidades de Retalhuleu e Champerico busca contribuír ao crecemento de 18 comunidades mellorando as súas infraestruturas de habitabilidade básica e os seus servizos de saúde e educación; impulsando a soberanía destes pobos en materia alimentaria, incidindo ao mesmo tempo no fortalecemento comunitario e das súas institucións políticas.


4 replies added

  1. me gustaría que me aviseis para formación y voluntariado en este tipo de campamentos vo actividades para ñiños

  2. Nuwan 12/11/2014 Responder

    Grazas a Almuinha e Queremos Galego polo voso empef1o e a vosa labor impagable.A vecif1anza de Maredn este1 de noabroa.Agora hai que seguir lotando para acadar que cada ano se celebre o deda de Rosaleda.E sobre todo, lembrarlle a todo o mundo que HAI QUE LER A ROSALcdA.Safados

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.