“Cando a cooperación sanda”. Comeza a terceira edición de Somos Ponte

3 Comentarios
6351 Vistas

A terceira edición de Somos Ponte, programa impulsado pola Coordinadora Galega de ONGD en colaboración coa Deputación de Pontevedra, botou a andar o pasado luns cunha conversa na que puidemos amosar o traballo que, dende Solidariedade Internacional de Galicia, estamos a impulsar en Honduras.

“Cando a cooperación sanda”  quixo amosar que une á provincia de Pontevedra con países coma Honduras, que necesidades, dereitos, inquedanzas e loitas -a pesar dos milleiros de quilómetros e das distintas circunstancias- os vinculan e que persoas e organizacións tecen esas conexións que moitas veces non se ven nunha primeira ollada.

E de todo iso falamos a través da experiencia da ESTRATEXIA CORESI (Comunidades Resilientes a través do enfoque da Saúde Integral) que, xunto coa nosa socia local, Sur en Acción, estamos a implementar no Municipio de San Marcos de Colón. E fixémolo a través das súas protagonistas.

Mario Pinel e María Paz

A conversa comezou coa benvida da deputada de Benestar Social, Paula Bouzós, e da presidenta da Coordinadora Galega de ONGD, María Paz, directora de Solidaredade Internacional, que destacaron os esforzos da cooperación ao desenvolvemento por garantir os dereitos de todas as persoas. Compromiso local, xustiza global, como di o lema de Somos Ponte.

E diso falou, precisamente, Mario Pinel, director de Sur en Acción, que explicou de maneira pormenorizada en que se materializou o apoio da cooperación galega no departamento hondureño de Choluteca e nas 25 comunidades deste municipio afectadas pola estratexia CORESI.

CORESI é unha estratexia a dez anos que busca mellorar a saúde das máis de 7000 persoas beneficiarias desta intervención, e faino poñendo o foco moi especialmente na saúde das mulleres, da par dos e das profesinais sanitarios locais, coa acolaboración activa de profesionais galegos e a través dunha alianza da que tamén participan as ONGD SólidaSolidariedade Galega.

Pero as grandes protagonistas desta conversa foron dúas mulleres, compañeiras de profesión: a enfermeira hondureña Yesenia Dolores Sauceda e a galega Alia del Río, matrona no Hospital Provincial de Pontevedra. Ambas, no marco de dita estratexia, están a participar dun intercambio entre profesionais sanitarios de ambos países, que está a contribuír a mellorar as capacidades do persoal hondureño.

Un intercambio bidireccional, porque do mesmo xeito que Alia viaxou ata San Marcos de Colón para coñecer a súa realidade, aprender das súas colegas e aportar coñecementos e expertise, Yesenia viaxou ata Galicia co mesmo obxectivo.

Yesenia Saucedo e Alia del Río

Ambas falaron da atención ao parto nos centros hospitalarios de San Marcos de Colón, unha atención “moi parecida á que había antes aquí”, segundo explicou Alia: “Non esquezamos que houbo que pelexar moito para humanizar o parto das mulleres e para que ocorran cousas agora tan normais como parir acompañadas”.

O feito de non existir a matrona como profesional sanitaria especializada, as condicións dos centros hospitalarios -con medios materiais e humanos insuficientes- e as condicións no parto -mulleres sen acompañante, inmobilizadas e sen intimidade- fan que as mulleres destas 25 comunidades reciban unha atención inadecuada.

Isto é especialmente grave, segundo explicou Yesenia, no caso das nais adolescentes. Unha realidade habitual nas comunidades que atende o centro hospitalario no que traballa, e na que se mesturan falta de educación sexual e situacións de abuso normalizadas, e que converte a estas mozas en dobremente vulnerables na súa maternidade.

No contexto destas viaxes de cooperación tivemos a sorte de que as dúas xuntas puideran explicarnos como a cooperación sanda e como Pontevedra e Honduras se conectan a través deste proxecto.


20 anos da Tenda de Comercio Xusto A Coruña

Pasaron xa 20 anos dende que abriramos aquela primeira tenda...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.