Cando a medicina é a cooperación

0 Comentario
5407 Vistas

O pasado 17 de outubro, un equipo de homes e mulleres partiron de A Coruña con rumbo a Honduras para facer da súa profesión, a medicina, un exercicio de Cooperación Internacional que hoxe sentímonos orgullosas de contar.

Son Fina e Minuca, oftalmólogas, Fátima e Minda, xinecólogas, e Luis, traumatólogo e especialista en xestión e planificación sanitaria. Cinco profesionais que decidiron atender a chamada das tres entidades que, dende hai xa dous anos, estamos a traballar en San Marcos de Colón da man da entidade local Sur en Acción nun proxecto que quere contribuír á mellora da saúde integral de 17 comunidades.

Fileira de persoas á espera de consulta

Ao longo de 10 días, est@s médicos galegos do CHUAC participaron en procesos formativos con profesionais do país centroamericano, realizaron 870 consultas para a poboación e 83 intervencións quirúrxicas.

Coma sempre foron moitos os esforzos de todos e todas  para que esta experiencia de cooperación internacional fose posible. Dunha banda María e Gloria por parte da nosa entidade, doutra Antón, de Solidaridade Galega, que xunto a Charo, xerente de formación do CHUAC, encargáronse da identificación e selección d@s médicos. José Manuel, de Sólida, viaxou con todo o equipo médico para facilitar e coordinar o traballo en terreo.

Tamén O Club de Leóns de San Marcos de Colón que brindou espazos para desenvolver o traballo médico, mentres que a alcaldía do municipio facilitaba aloxamento aos compañeiros e compañeiras galegas.

Fundamental a labor dos médicos do municipio, Dani e Leo, así como o persoal voluntario de saúde formado no proxecto, que desenvolven unha labor fundamental para que todo isto sexa posible. E como non, o gran equipo de Sur en Acción, que foi capaz de organizarse con todos os actores para que esta visita fora o máis produtiva e enriquecedora posible para todos e todas.

Todo isto grazas ao financiamento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.



20 anos de Comercio Xusto en Ourense

E quixemos festexalo! Son máis de 20 anos os que...

Construindo voluntariado

Un encontro con Evelyn Ramirez Evelyn Ramírez, representante da asociación...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.