Ciclo de Cinema Familiar: Os Dereitos da Infancia como ferramenta de inclusión

0 Comentario
6230 Vistas

No marco do proxecto «Ciclo de Cinema Familiar: Os Dereitos da Infancia», financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, a nosa entidade está a desenvolver unha actividade que combina cultura, aprendizaxe e inclusión social. Trátase dunha proposta pedagóxica e lúdica que busca achegar os Dereitos da Infancia a nenos e nenas, así como ás súas familias e unidades de convivencia, a través do cine e do debate participativo.

O proxecto ten como obxectivo xeral fomentar o coñecemento dos dereitos da infancia promovendo a participación activa e a inclusión social, con especial atención aos contextos de vulnerabilidade. Para iso, levaremos a cabo 24 sesións de cinema familiar, organizadas en ciclos que se proxectan nas tendas de Comercio Xusto de SIG en Pontevedra, A Coruña e Ourense, e na tenda ecolóxica de Bico de Grao en Lugo.

Cada sesión inclúe a proxección de varias curtas, distintas actividades e un coloquio posterior, facilitando espazos de encontro onde pequenos e maiores poden reflexionar conxuntamente sobre os seus dereitos, deberes e realidades cotiás. Este enfoque fomenta a empatía, a comunicación e o pensamento crítico nun ambiente seguro e accesible.

Ademais, o ciclo busca implicar a entidades sociais que traballan con menores en situación de risco, fortalecendo redes de apoio e acción comunitaria.

Nun momento no que o audiovisual é unha ferramenta clave de aprendizaxe, este ciclo representa unha alternativa educativa rica, participativa e transformadora, que aposta pola cultura como motor de cambio social e educativo.


20 anos da Tenda de Comercio Xusto A Coruña

Pasaron xa 20 anos dende que abriramos aquela primeira tenda...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.