Comercio xusto

Comercio xusto coma un acto de xustiza social, económica e medioambiental.

principios-comercio-xusto

Solidaridad Internacional entende que o comercio xusto é unha ferramenta valiosa na  loita contra a pobreza, con capacidade para promover condicións para un desenvolvemento persoal, social e económico sostible.

Ademáis, e máis aló das ventas, a súa importancia radica es ser un movemento social a nivel planetario que reivindica unhas relacións comerciais xustas e un cambio no noso modelo de consumo, alentando a reflexión sobre as prácticas e consecuencias do actual modelos de producción, comercialización e consumo.

Con todo, o Comercio Xusto no só é unha alternativa económica e comercial, se non tamén unha poderosa ferramenta para deconstruír a pedagoxía da pobreza, a inequidade e a exclusión.

Cada día traballamos para contribuír á construcción dunha cidadanía global, social e medioambientalmente responsable. Cidadáns e cidadás globais, dotados dos atributos necesarios para exercer unha cidadanía que participa activa e críticamente na promoción duna sociedade máis xusta.

Entendemos estes atributos coma o conxunto de coñecementos, valores e actitudes necesarios para acadar o anteriormente descrito e que, dende os distintos ámbitos da educación se poden, e se deben abordar.

Así, e voltando ao Comercio Xusto, atopamos neste un elemento que nos permite facer esa triple abordaxe e que, a continuación e brevemente, exporemos a través dun exemplo tan sinxelo como o é un simple paquete de café.

Afondar nun produto tan habitual nas nosas vidas como é o café, dende o Comercio Xusto supón promover os coñecementos necesarios que nos inviten como cidadáns a facer unha reflexión crítica do noso modelo de consumo. A labor de promoción do Comercio Xusto nos esixe ás entidades adicar esforzos a explicar as causas, consecuencias e alternativas daquelo que queremos por de manifesto. Se falamos do café, deberemos, pois, incidir en datos que nos axudan a aproximarnos a dimensión do problema; un produto do que depende a vida de 25 millóns de persoas no mundo, na súa maioría pequenos produtores, a segunda materia prima máis comercializada no mundo despois do petróleo e que, calquera de nos, consume cada día.

Un produto que, sen embargo e a pesar da súa importancia económica a nivel mundial, concentra a súa produción en países empobrecidos baixo un modelo de monocultivo para a exportación baseado na explotación laboral dos pequenos produtores e a monopolización dos sector en apenas un puñado de empresas multinacionais europeas e norteamericanas.

Non resulta difícil, baixo este argumentario, facer unha primeira aproximación a conceptos coma a desigualdade, deslocalización, corresponsabilidade (uns producen, outros consumimos, outros se benefician).

Pero, ademáis, a labor do Comercio Xusto, e ao tempo que se favorecen eses coñecementos pasa tamén pola promoción de valores que, como  froito do esforzo por humanizar cada produto, poderán aflorar entre aquele/as a quen nos diriximos. Así e voltando ao exemplo do café, falar de Comercio Xusto é falar de homes e mulleres que noutras latitudes, en contextos que a miúdo nos resultan demasiado alleos, traballan a reo para poder satisfacer as demandas dunha sociedade obscenamente consumista. Homes e mulleres vitimas dun sistema económico que debe ser cuestionado e combatido globalmente en base á solidariedade, o respeto e sobre todo á xustiza social.

E xa por último, o Comercio Xusto é unha invitación cara a actitudes comprometidas coa transformación social. Actúar dende un ámbito tan cotiá como o consumo. Mudar a nosa maneira de comprar cara un modelo que poña ás persoas no centro do intercambio comercial. Cambiar o meu paquete de café habitual por un de Comercio Xusto é un acto consciente de reivindicación e loita. Un pequeno xesto que converte ao consumidor nun activista polo cambio.

Concluíndo, o café que cada mañá almorzamos agocha unha realidade tan cruenta como habitual no noso mundo que debemos enfrontar se queremos transitar cara un modelo social xusto e equitativo. Todos e todas formamos parte desa realidade e tomar conciencia do rol que xogamos (podemos ser produtores de café, comercializadores, consumidores…) é condición sine qua non para poder enfrontala. Son moitas as alternativas existentes e, de seguro, moitas máis as que quedan por crear.

Moitos xeitos de mercar xusto.

comercio-xusto-1

As nosas
tendas

comercio-xusto-2

Os nosos
produtos

comercio-xusto-3

Servizo
pausa-café

comercio-xusto-4

Agallo institucional

Últimas novas.

10 anos de Banca Ética en Galicia

O pasado 19 de febreiro, as entidades e as persoas socias de Fiare Banca Etica en Galicia, entre as que se…
Ler máis...

O Comercio Xusto no estado español 2023

156,2 millóns de euros foi a facturación obtida polo Comercio Xusto en España durante 2023, o que supón un crecemento…
Ler máis...

Queres facer voluntariado nas nosas tendas?

As tendas de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia dependen do apoio de persoas voluntarias para abrir as súas…
Ler máis...