Comeza unha nova etapa

0 Comentario
5740 Vistas

O pasado 2 de abril, en Santiago de Compostela, celebramos a nosa Asemblea Anual Ordinaria na que fixemos un percorrido pola actividade do 2021 e quedaron aprobadas por unanimidade as contas dese exercicio económico.

Pero quizáis, o máis importate, foi que nese encontro demos o visto bo á nova Planificación Estratéxica 2022-2027 que guiará o rumbo da entidade nos vindeiros 5 anos.

Un plan no que reafirmamos a nosa aposta pola Cooperación Internacional, a Educación e o Comercio Xusto como eixos vertebradores da nosa acción e no que nos comprometemos a camiñar cara a unha entidade ecosocial, feminista e decolonial, que promova de maneira transversal e conectada un traballo sistemático na incorporación práctica da igualdade, a ética dos coidados, o ecoloxismo, os dereitos humanos e o respecto ás diversidades, en todos os niveis de funcionamento e procesos internos da organización, así coma nos impactos externos.

Neste senso, e coa intención de dar resposta á necesidade de concentrar esforzos na procura de impactos reais e salientables, establecimos as liñas estratéxicas que, de maneira específica, debuxarán o traballo nos eidos de Cooperación e Educación para a Cidadanía Global.

E, como cada encontro, a asemblea foi tamén un espazo no que compartir e festexar, algo que neste caso foi ben fácil grazas á presenza das compañeiras Yezli Mic (@yezli_mic) e Queen MC (@queen_rap) de Hip Hop Femenino El Salvador que nos acompañaron na creación do noso propio rap.

O resultado do que alí aconteceu podes consultalo neste video;


III PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL

Convocatoria aberta! O propósito do galardón é recoñecer experiencias educativas...

COÑECES AS NOSAS TENDAS?

As compañeiras de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.