Como axudar en Valencia?

0 Comentario
5381 Vistas

Reproducimos o comunicado das nosas compañeiras da Coordinadora Valenciana de ONGD no que ofrecen información ao respecto.

Ante situacións de emerxencia coma a que estos días afectan a Valencia a cidadanía responde con enorme solidariedade. Un compromiso altruísta que axuda no práctico, que reconforta e arroupa ás persoas que máis o precisan e que sempre é ben recibido, pero que cómpre organizar e canalizar correctamente. Precisamente para que chegue de maneira correcta onde ten que chegar.

Aquí compartimos a información elaborada polas nosas compañeiras da Coordinadora Valenciana de ONGD. Nela atoparás que se está a facer e como, recomendacións para a xudar e as organizacións que están traballando na zona.

Quero axudar a Valencia, que debo ter en conta?

Dende o sector da cooperación valenciana, con ampla experiencia na xestión de emerxencias internacionais, lanzan varios consellos e recomendacións a ter en conta antes de exercer a nosa axuda:

  1. A axuda debe darse de forma organizada, respondendo ás necesidades de cada momento e evitando entorpecer os labores prioritarios que se estean desenvolvendo.
  2. En todo momento é fundamental seguir as recomendacións de seguridade das autoridades competentes, tanto no acceso ás zonas afectadas como nas medidas de protección necesarias. 
  3. Ademais de como voluntarios e voluntarias para labores de limpeza, a mellor maneira de axudar é facer doazóns económicas nas contas abertas polas ONGD. Por qué se recomenda isto? Porque as necesidades van a mudar a medida que pase o tempo e vaise precisar axuda a longo prazo. Esta é a mellor maneira de apoiar ás persoas afectadas, que van precisar de axuda durante bastante tempo.
  4. É moi importante guiarse polas vías de comunicación oficiais. Facede doazóns só nas canles oficiais que indican as ONGD recoñecidas nas súas páxinas web ou a través da información que recolle a Coordinadora de Valencia. POR FAVOR, tanto nisto como na información relacionada coa emerxencia e as súas consecuencias non atendades mensaxes de WhatsApp ou redes sociais de fontes non identificadas. Tratemos de evitar os bulos.

As compañeiras de Valencia están a actualizar na súa web medidas de protección para quen se desprace á zona, así como a relación de produtos necesarios e como facelos chegar, algo especialmente importante no caso dos medicamentos.

Tamén a información sobre ONGDS e outras organizacións serias e oficiais que traballan en Valencia, que coñecen as zonas afectadas e que están traballando na canalización desta axuda.

Tes aquí toda a información sobre organizacións e accións coas que colaborar.



Visita Sur: As Lideresas Hondureñas

Por Gabriel Rocha Non hai fronteira que limite a forza...

Un encontro de reflexións, soños de cambio e compromiso social

O encontro final do proxecto "Liderados Xuvenís Transformadores" celebrouse o...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.