Como é a participación xuvenil en Galicia?

0 Comentario
5687 Vistas

Esa é unha das preguntas ás que pretende dar resposta a investigación que comezamos hai uns meses e que onte reuniu ao grupo motor que aportará os seus coñecementos e experiencias a este proceso.

A participación é un concepto íntimamente ligado á idea de democracia, e
non exercela supón riscos importantes para a sociedade (actividades negativas ou extremistas, falta de representación política, aumento das diferenzas sociais, etc.), tamén é un dereito fundamental recollido na Constitución Española, na Declaración dos Dereitos Humanos e na Lei 6/2012 de Xuventude de Galicia.

Dende Solidariedade Internacional de Galicia consideramos que estudar e afondar sobre a participación da mocidade galega é relevante, unha condición para o cambio social que permite dar respostas a necesidades e intereses colectivos.

Primeira sesión de traballo do grupo motor

O enfoque do estudo seguirá a metodoloxía da investigación-acción propositiva, incorporando a persoas expertas, colectivos sociais e mozas e mozos na investigación que sexan quen de construír propostas e alternativas que contribúan a aumentar e mellorar a participación da mocidade galega.

Esta iniciativa é posible grazas ao financiamento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.


Discurso de Haydee Castillo no acto de entrega do Recoñecemento Internacional ACAMPA 2024

O pasado 9 de xuño, a activista nicaraguana Haydee Castillo...

Entrega de galardóns do III Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global

O centro sociocultural de Santa Marta, en Compostela, acolleu a...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.