Comprometidas coa igualdade co apoio do Concello de A Coruña

0 Comentario
5875 Vistas

En 2024, Solidariedade Internacional de Galicia continuou a súa aposta feminista, aportando por un traballo que xere cambios positivos nas vidas das mulleres e promova o dereito de todas a unha vida libre de violencias machistas.

Este enfoque feminista céntrase en accións concretas coma o desenvolvemento ininterrompido de proxectos de Cooperación Internacional en Bolivia e Guatemala da man dos colectivos feministas Mujeres Creando e Mujeres Mayas Kaqla respectivamente, a incidencia no noso territorio a través de iniciativas de Educación para a Cidadanía Global que visibilicen as loitas feministas e o papel determinante das mulleres na promoción de xustiza social e equidade ou a convocatoria anual de Galicia Abriga, primeiro programa galego de acollemento temporal a defensoras de Dereitos Humanos.

Todo este traballo contou, no 2024, co apoio financieiro do Concello de A Coruña que, a través da convocatoria de subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades en materia de igualdade e diversidade, concedeu á nosa entidade un total de 3.238,56 €.



Un paso máis no noso compromiso co Comercio Xusto

En 2025, Solidariedade Internacional de Galicia dá un salto significativo...

Alerta: criminalización da solidariedade en El Salvador

O presidente Bukele promove unha lei que reterá o 30%...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.