«CONCEPTOS FUNDAMENTALES PARA LAS LUCHAS FEMINISTAS»

0 Comentario
9239 Vistas

Danitza Luna, membro do movemento feminista boliviano Mujeres Creando e artista gráfica, visita España estes días para a presentación do libro «Conceptos fundamentales para las luchas feministas», unha adaptación ilustrada da recoñecida obra de Silvia Federici «Calibán y la Bruja».

Nesta xira houbo unha parada en Galicia que a trouxo, o pasado 4 de decembro, á libraría Lila de Lilith en Compostela onde compartiu a experiencia que supuxo a creación desta obra aplaudida pola mesma Federici que ten coma obxectivo «deselitizar e democratizar un libro clave para as loitas feministas antisistémicas».

Conversa entre Silvia Federici, Danitza Luna e María Galindo

Durante a súa intervención, Danitza compartiu cos asistentes o que representa esta obra da que, insiste, non é unha versión para principiantes ou «dummies» se non unha síntese visual que permite un novo nivel de comprensión da teoría de Silvia Federici.

Danitza Luna

Un libro irreverente no tratamento das imaxes que fai unha lectura dende o Sur, que supón un recoñecemento ao valor da investigación da activista iltaliana que tan ben explica a orixe dos moitos fenómenos patriarcais actuais sobre as vidas das mulleres

«Nas manos axeitadas, este libro pode converterse nunha bomba, nunha tesoira que corte cordas, un escudo que protexa e unha ferramenta valiosísima para a loita das mulleres» conclúe Danitza.

Podes atopar o libro nas Tendas de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia.


Un paso máis no noso compromiso co Comercio Xusto

En 2025, Solidariedade Internacional de Galicia dá un salto significativo...

Alerta: criminalización da solidariedade en El Salvador

O presidente Bukele promove unha lei que reterá o 30%...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.