Continúa o proxecto educativo «Activistas polo mundo que queremos»

0 Comentario
3958 Vistas

O noso alumnado, participante no proxecto Activistas polo mundo que queremos, tivo un trimestre moi atarefado coñecendo e practicando ferramentas para  transformar o  mundo.

Despois daquela primeira sesión de xaneiro, na que os mozos e mozas, acompañadas polo seu profesorado, reflexionaron sobre o significado da palabra activista, nestes últimas semanas coñeceron a persoas que exercen o seu activismo en países con contextos moi vulnerables. Todo un reto loxístico nesta era da comunicación virtual que se desenvolveu á perfección e que permitiunos tender unha ponte entre Galicia e América Latina.

Os e as activistas de 3º ESO do IES Miguel Ángel González Estévez de Carril en Vilagarcía de Arousa e de 2º ESO do CPR Rosalia de Castro en Vigo acompañados polas súas profesoras charlaron durante dúas horas con Grecia Villalobos, unha muller comprometida coa loita polos dereitos LGTBI en El Salvador, realizando esta tarefa a través da organización  COMCAVIS TRANS.

Así mesmo, o alumnado do CPI do Toural de Vilaboa, do IES Primeiro de Marzo de Baiona e do CPI As Mirandas de Fene, tiveron a oportunidade de viaxar virtualmente ata Samaná, un dos paraísos naturais de República Dominicana, e reunirse con Patricia Lamelas, unha activista medio ambientalista cunha longa traxectoria de loita pola sustentabilidade no seu país. Actualmente é a directora do CEBSE, unha asociación sen ánimo de lucro que executa actividades de conservación e aproveitamento sostible dos recursos naturais.

Alumnado, dende as aulas, conversa con Patricia Lamelas

O trimestre continuou coa realización da cuarta sesión de traballo a través da aula virtual,  na que o alumnado descubriu algún dos máis escuros segredos  que agochan os medios de comunicación xeralistas; son independentes? Quen son os seus propietarios? Que intereses teñen? Como nos manipulan? Cales son os seus principais “pecados”? É verdade que unha imaxe vale máis ca mil palabras? En fin, unha morea de cuestións para que, a partir de agora,  os mozos  e mozas teñan unha actitude máis crítica ante o que ven ou o que escoitan a través dos medios.

Un preludio máis que necesario para pasares á nosa seguinte fase, a elección do seu activismo. O  proxecto ofreceulles neste punto tres itinerarios distintos para que cada un e cada unha escollera segundo o que máis lles indignaba:

  • Que nos molesta que nos medios as veces difundan contidos falsos de forma intencionada para manipular a opinión pública e fomentar o odio cara colectivos minoritarios? Pois sen dúbida,  é o ACTIVISMO ANTIRRACISTA/ANTIXENOFOBIA.
  • Que nos parece fatal que os medios fomenten o consumismo e un estilo de vida prexudicial para o medio ambiente, os animais e as persoas?  Entón o que nos  vai é o ACTIVISMO MEDIO AMBIENTAL OU ANTIESPECISTA.
  • Ou máis ben nos molestan os estereotipos de xénero que nos transmiten os medios, e que  prexudican tanto ás mulleres como  ás persoas LGTBI? Pois entón o ACTIVISMO FEMINISTA OU LGTBI.

Unha vez que  os mozos e mozas definiron o seu activismo, comezou unha nova fase onde, a través de diversas actividades, entenderon un pouco mellor que significa cada un de eles. O obxectivo foi rematar esta sesión  coa construción dun guión radiofónico para facer unha reportaxe sobre algún tema vinculado co seu activismo. E, se dúbida, o fixeron.

As educadoras volvemos as súas aulas,  cargadas cos equipos radiofónicos e, xunto con eles e elas,  gravamos os seus propios programas de radio  de denuncia e transformación social, onde abordaron temas de actualidade  como os parques eólicos da serra da Grova e do Galiñeiro ou o racismo nas aulas, e entrevistaron a coñecidas escritoras feministas como Eli Ríos.

Alumnado do IES Miguel Angel Gonzalez Estevez (Carril) durante as gravacións

Mentres esperamos a ter todos os programas de radio para que os escoitedes, invitámosvos a que sigades o desenvolvemento de Activistas polo Mundo Que Queremos a través do facebook e o instagram do proxecto.

Esta iniciativa é posible grazas ao financiamento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.


III PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL

Convocatoria aberta! O propósito do galardón é recoñecer experiencias educativas...

COÑECES AS NOSAS TENDAS?

As compañeiras de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.