Contos sobre Oriente Próximo en A Coruña

0 Comentario
5533 Vistas

O pasado 11 de decembro, as nosas compañeiras María e Alba estiveron no CEIP María Barbeito e Cerviño de A Coruña cun contacontos ben especial, Irene en Oriente Próximo

A través dos 5 sentidos e de maneira teatralizada, todo o alumnado de 2º de primaria puido achegarse a paises coma Líbano, Xordania ou Palestina e coñecer a Irene, unha nena filla de cooperantes que, a través de contos e  lendas populares, amosa os distintos países que ten a sorte de visitar polo traballo dos seus pais.

Irene en Oriente Próximo forma parte da colección CONTOS DO MUNDO, unha iniciativa de educación multicultural que promociona valores coma o respecto e a solidariedade entre nenas e nenos de 6 a 10 anos. Ata agora editáronse cinco libros infantís no marco desta colección, recompilando contos tradicionais de América Central, o Sáhara Occidental, a rexión andina, Senegal e Oriente Próximo

O conto infantil e o teatro son unha canle moi potente para achegar á infancia os valores, a vida e a cultura das persoas doutros lugares do mundo ,moitas veces, descoñecidos para as crianzas.

Esta iniciativa foi posible grazas ao finaciamento do Concello de A Coruña.




Liderados Xuvenís Transformadores

Levamos un tempo á procura de Liderados Xuvenís Transformadores, indagando...

10 anos de Banca Ética en Galicia

O pasado 19 de febreiro, as entidades e as persoas socias...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.