Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cooperación
Ante os grandes desafíos da humanidade, a cooperación coma exercicio de resistencia. Unha cooperación que nos humaniza e nos enfronta á vulnerabilidade, á exclusión e á opresión de pobos e sociedades que merecen, por xustiza, actos de compromiso transfronteirizos.
Dende Solidariedade Internacional de Galicia queremos asumir un rol activo na construción da igualdade e na procura de novas relacións internacionais baseadas no apoio mutuo e a colaboración.
Dende hai xa máis de 20 anos traballamos coa sociedade civil organizada de máis de 30 países para contribuír ao esforzo colectivo que reivindica dereitos, mellora condicións e fortalece capacidades.
O acceso á auga, o dereito a unha vivenda digna, a loita contra a violencia de xénero, a soberanía alimentaria, a xestión de residuos para un ambiente saudable, a formación laboral para un emprego digno, a atención ante unha emerxencia humanitaria, a mellora nos servizos sanitarios públicos...exemplos, todos eles, do traballo realizado da man dunha cidadanía global que, dende Bolivia, Guatemala, Nicaragua, Honduras ou El Salvador, actúa polos cambios que quere ver.
Neste enlace podes consultar o Plan Estratéxico para a área de Cooperación Internacional SIG 2022-2027.