De quen loita para quen loita; un novo diplomado sobre xustiza feminista con Mujeres Creando.

0 Comentario
6500 Vistas

Este luns 17, o Paraninfo da Universidad Mayor de San Andrés (UMSA) encheuse de forza colectiva para inaugurar un terceiro Diplomado Feminista impulsado por Mujeres Creando. Como expresou a compañeira Helen Álvarez, neste espazo combinouse “a loita coa reflexión académica, a función pública co compromiso cotián, a rabia coa serenidade do coñecemento e dos saberes”.

Os diplomados pretenden deselitizar e democratizar os coñecementos, achegando unha  formación de calidade a quen sostén as loitas sociais en Bolivia e na rexión. Nesta edición, centrada na xustiza feminista, cuestionase de raíz a xustiza patriarcal, esa que tantas veces lles custa ás mulleres o seu tempo, os seus cartos, os seus soños e mesmo a vida. A xustiza feminista, pola contra, propón abrir novos camiños, recuperar a voz colectiva e deseñar novas estratexias comúns para enfrontar as violencias machistas.

Ata o 12 de decembro, as 85 participantes, procedentes de diferentes loitas sociais, poderán formarse con referentes teóricas sobre violencias machistas contra as mulleres e feminismos do Sur Global como Rita Segato, Adilia de las Mercedes, Carolina Meloni, Mariana Ozuna ou Lucia Xiloj. Tamén con recoñecidas intelectuais e activistas bolivianas como María Elena Attard, Sarela Paz, María Galindo, Marcelo Nicolas Ríos, Helen Álvarez, Paola Gutierrez, Heidi Gil, Raiza Zeballos, e Gardenia Paco.

O diplomado é totalmente gratuíto, certificado pola UMSA, e conta con bolsas e servizo de gardaría, garantindo que quen desexa formarse poida facelo sen barreiras económicas nin de coidados.

Este diplomado súmase ao conxunto de accións de prevención e atención das violencias machistas que impulsa Mujeres Creando, e que contan co apoio da Xunta de Galicia. Unha aposta integral para fortalecer as loitas das mulleres e seguir construíndo, desde abaixo, respostas reais e transformadoras fronte ás violencias contra as mulleres.

Convidámosvos a ver a sesión de inauguración aquí: 

https://www.facebook.com/radiodeseo103.3/videos/1941858076363009


20 anos da Tenda de Comercio Xusto A Coruña

Pasaron xa 20 anos dende que abriramos aquela primeira tenda...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.