Defender a quen defende!

1 Comentario
5650 Vistas

O pasado 24 de marzo celebramos en Santiago de Compostela a I Xornada galega sobre protección e defensoría de mulleres defensoras de Dereitos Humanos no Centro de Estudos Avanzados da USC.

Dende Solidariedade Internacional de Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD organizamos esta xornada de traballo co obxectivo de artellar un programa pioneiro en Galicia que promova a protección e o acompañamento das mulleres activistas de DDHH que, nos seus países, están a sufrir graves situacións de acoso e risco.

O comezo da xornada veu marcado por dúas intervencións da man de María Martín, representante da Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos, e Haydee Castillo, activista nigaraguana. Con elas puidemos coñecer a violencia que enfrontan as defensoras dos DDHH en América Central, e como a Protección Integral Feminista (PIF) pode facer fronte aos grandes retos que éstas enfrontan.

Tras elas, e da man de Javier Roura, afondamos no traballo de Protectdefenders.eu, mecanismo da Unión Europea para persoas defensoras de Dereitos Humanos.

A continuación, e co fin de contar cunha perspectiva plural e diversa da realidade dos programas de protección no resto do territorio español, interviron as persoas portavoces do Programa Asturiano de Atención a Vítimas da Violencia en Colombia (Javier Arjona), do Programa Vasco de Protección Temporal de Defensoras e Defensores de DDHH (Leire Lasa) e do Programa Valenciano de Protección Integral e Acollida de Defensores e Defensoras de DDHH (Angela Pedraza).

Xa pola tarde, as persoas asistentens participamos de mesas de traballo nas que afondar nun posible futuro programa de protección en Galicia a partir das necesidades e capacidades do sector.

Participaron das xornadas representantes de 13 entidades sociais galegas, a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas que, ao final do día, amosaron o seu compromiso de continuar avanzando para o impulso definitivo dun Programa Galego de Protección Integral Feminista a Defensoras de Dereitos Humanos.

“Non pode haber un mundo con xuxtiza social, sin que haxa seguridade para as persoas que defenden os dereitos para todos e todas”.

Esta iniciativa foi posible grazas ao financiamento do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación.


A adolescencia galega ante a realidade colombiana

Os case catrocentos estudantes de secundaria que este ano formaron...

III PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL

Convocatoria aberta! O propósito do galardón é recoñecer experiencias educativas...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.