Denunciamos o exercicio sistemático da violencia nas fronteiras

0 Comentario
5942 Vistas

A masacre ocorrida en Melilla pola cal perderon a vida, polo menos, 37 persoas, é consecuencia dunha política que externaliza e militariza as fronteiras, nega os dereitos humanos e ataca a quen busca refuxio. É o resultado da necropolítica que rexe na fronteira Sur.

Lamentamos profundamente a morte de 37 persoas, tanto persoas migrantes como das forzas de orde; solidarizámonos coas súas familias e esiximos unha investigación xudicial inmediata que esclareza os feitos. As persoas que resultaron feridas deben recibir atención sanitaria adecuada e de calidade.

As ONG que traballan na fronteira con Marrocos veñen denunciando un aumento da violencia a raíz da reanudación da colaboración entre España e Marrocos en materia migratoria. Acordos deste tipo contribúen a aumentar a violación dos dereitos humanos.

Mentres ocorre isto en Melilla, a semana pasada o Goberno presentaba o proceso para elaboración do seu II Plan de Dereitos Humanos; de pouco serven os documentos cando se violan sistematicamente os dereitos na fronteira Sur. Definir esta actuación como unha “operación ben resolta” dá mostra da falla de compromiso real do Goberno español cos dereitos humanos e a vida.

En Nador prepárase o enterro das vítimas en foses sen investigación nin autopsias, sen unha identificación das persoas falecidas. A gravidade desta decisión recorda á xa vivida no caos do Tarajal e amosa que é unha práctica común que viola os dereitos humanos máis básicos e a dignidade das persoas.

Moitas das persoas que perderon a vida eran sudanesas e, polo tanto, susceptibles de recibir protección internacional. Ademais, producíronse devolucións en quente, unha práctica ilegal que se segue mantendo e pola que a ONU condenou a España en varias ocasións.

Na semana na que Madrid acolle o cumio da OTAN alertamos: a interpretación da migración como unha ameaza á seguridade, suporá maior sufrimento, violencia, violación de dereitos humanos e morte. Botará máis leña ao lume á preocupante deriva militarista.

Por todo isto:
  • Amosamos as nosas profundas condolencias coas familias que perderon aos seus seres queridos.
  • Esiximos unha investigación inmediata que aclare o ocorrido, depure responsabilidades e garanta verdade, xustiza e reparación ás vítimas. Unha investigación que debe realizar o Goberno español, o marroquí e as institucións internacionais correspondentes.
  • Demandamos a atención sanitaria adecuada das persoas que resultaron feridas e a garantía plena dos seus dereitos. Debe garantirse un proceso legal adecuado para quen pode ser obxecto de protección oficial.
  • Marrocos debe identificar ás persoas falecidas e repatriar os seus corpos aos seus países de orixe, en colaboración coas organizacións de migrantes.
  • Demandamos o fin das expulsións en quente, tal como vén esixindo a ONU a España de xeito reiterado. Deben garantirse tamén vías legais e seguras, como contempla a lexislación internacional en materia migratoria.
  • As políticas europeas deben ser revisadas. O desvío de fondos de cooperación para control migratorio debe acabar de xeito inmediato. A cooperación debe loitar contra a pobreza e a desigualdade; en ningún caso pode fortalecer os sistemas militares, a externalización de fronteiras ou a contención das persoas que foxen dos conflitos e a miseria.
  • En pleno cumio da OTAN en Madrid, alertamos: a calificación das migracións como “ameaza híbrida”, tal como pretende España, alimentará a escalada militar, fomentará a violación de dereitos humanos e porá en risco a vida de persoas que buscan unha vida digna.
  • Alertamos tamén sobre os discursos que califican de “violentas” ás persoas que migran. Criminalizar a quen fuxe de conflitos e miseria alimenta os discursos de odio e lévanos a situacións moi perigosas. Facemos un chamamento a representantes políticos, medios de comunicación e sociedade no seu conxunto a fomentar relatos que respecten os dereitos humanos e promovan a paz.
  • Animamos á cidadanía a continuar esixindo que se free a escala militar imposta nas fronteiras, que se respecte o dereito á vida e se fomente a cultura de paz.

O Goberno español debe ser coherente co establecido no anteproxecto de Lei de Cooperación no que se recolle o obxectivo de “fomentar un enfoque integral da migración centrado nas persoas e os seus dereitos, nas causas profundas da mesma, no desenvolvemento sostible, na prevención da trata e o tráfico de persoas e na protección das vítimas e superviventes, e na atención das necesidades das persoas refuxiadas e das vítimas de desprazamentos forzosos, conforme ao dereito internacional, e en particular os dereitos humanos”. As palabras non se sosteñen se non derivan en políticas reais.

Fonte: Coordinadora de ONGD – España

Como axudar en Valencia?

Reproducimos o comunicado das nosas compañeiras da Coordinadora Valenciana de...

Cine na rúa e cooperación; unha ventá ao mundo

Viaxar dende a praza do noso pobo a Guatemala a...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.