Alerta: criminalización da solidariedade en El Salvador

0 Comentario
6297 Vistas

O presidente Bukele promove unha lei que reterá o 30% sobre as doazóns que reciban as ONG. Estes días, ademais, estanse a producir detencións de defensoras e defensores de dereitos humanos.

El Salvador vive una época moi complexa na que, coa excusa da seguridade, multiplícanse as violacións dos dereitos humanos. Dende que en 2022 Nayib Bukele decretara o rexime de excepción, documentáronse unhas 7.000 violacións de dereitos humanos relacionadas con detencións arbitrarias, límites á liberdade de expresión, de asociación e de prensa. 

O Gobierno concentrou o poder, debilitou institucións independientes e pechou o espazo para a participación cidadá. El Salvador non conta con ningunha institución estatal independente que garanta a protección ante abusos policiais ou a criminalización da sociedad civil.

Neste contexto, o presidente de El Salvador promove agora unha lei que reterá o 30% das doazóns que reciban as ONG. Unha decisión que tomou logo de que a policía militar reprimira violentamente unha manifestación pacífica contra un desaloxo inminete que afectaría a 300 familias campesiñas. Estes días, ademais, estanse a producir detencións de defensoras e defensores de dereitos.

Unha situación que preocupa ás organizacións que integran a Coordinadora Galega de ONGD -varias delas con estreitos lazos de cooperación con colectivos do país- e a todas as organizacións que formamos parte da Coordinadora de Organizaciones para el Desarrollo.

Dende esta plataforma solicitamos de maneira urxente:

Á comunidade internacional a través das súas misións diplomáticas acreditadas en El Salvador, en particular España, realizar as xestións necesarias ante o Estado salvadoreño para deter a inminente aprobación da propuesta de Lei de Axentes Extranxeiros, incluíndo, se fora necesario, a paralización de calquera apoio financeiro ou cooperación bilateral canalizada de forma directa a este Estado.

Ás institucións e autoridades públicas responsables de garantir os dereitos humanos en El Salvador:

  • Garantir o respecto aos dereitos e ao debido proceso do líder comunitario José Ángel Pérez, do avogado Alejandro Henríquez, da representante da sociedade civil Ruth López e de todas aquelas persoas que, no exercicio do seu dereito a defender dereitos, están sendo xudicializadas.
  • Asegurar o exercicio pleno do dereito á asociación, liberdade de expresión e a protesta pacífica, de acordo aos principios democráticos e aos tratados internacionais de dereitos humanos.

Un paso máis no noso compromiso co Comercio Xusto

En 2025, Solidariedade Internacional de Galicia dá un salto significativo...

Día de xanelas abertas

Foi unha mañá de sábado diferente, das que se lembran....

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.