Día de xanelas abertas

0 Comentario
6322 Vistas

Foi unha mañá de sábado diferente, das que se lembran. Que fixeches o 26 de abril? Eu, abrir xanelas na Cidade Vella da Coruña, dunha forma amena e divertida. Porque as nosas Asembleas son das que apetece ir. E voltar.

Momento da Asemblea


Comezamos a sesión cunha tradición que evoluciona, seguimos afondando no audiovisual despois do éxito dos Pousos do 2023. Cun gran esforzo colectivo, dezaseis persoas gravadas, e con técnicas amadoras da imaxe e do son, As Xanelas do 2024 mostrou en cinco dinámicos minutos parte do traballo feito no ano pasado, porque mostralo todo daría para serie de varias tempadas.


Dunha forma tamén moi visual, a través de totems que poderás ver en próximas datas nas nosas tendas e actos, completouse a mostra de todos os proxectos e actividades desenvolvidas.


Todo isto, feito dende o sosego dunha organización que é solvente tamén dende o punto de vista económico, con gran esforzo en acadar financiación pública, privada, e asociativa (faite soci@😊). As nosas contas, realistas, claras, e transparentes, no que cada euro é loitado, cada euro xustificado, podes visitalas aquí.


Coa base do que xa está feito, co impulso do comezado, e co ánimo do que está por vir, temos xa unha chea de novos Proxectos para este 2025, síguenos nas redes, coa implicación do Equipo Técnico, da Xunta Directiva, e tamén da nosa Masa Social (agora que xa es soci@ 😊). Membros de todos eles participaron na Asemblea seleccionando as súas preferencias nas iniciativas pendentes, que non foron no 2024 e serán chegadas no 2025.


Grazas especiais ás nosas colaboradoras en prácticas, Andrea e Soli, que deron o punto de partida a unha estratexia que fortalecerá a nosa esencia feminista, outra boa tradición na nosa ONG que agora se reforzará dende o persoal, porque o persoal é político, e a nosa política es ti.


Como dixo a nosa vicepresidenta, Lara Blanco, para pechar esta mañá de lembranza, ilusión e fiestras abertas, nós sabemos que de cada persoa se aprende, e así queremos que siga sendo.

Equipo Soli

Un paso máis no noso compromiso co Comercio Xusto

En 2025, Solidariedade Internacional de Galicia dá un salto significativo...

Alerta: criminalización da solidariedade en El Salvador

O presidente Bukele promove unha lei que reterá o 30%...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.