Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Educación
Educación para imaxinar e construir outra cidadanía global.
Para a nosa entidade, a EDUCACIÓN é un piar fundamental. Non só como ferramenta de traballo, que o é, senon porque forma parte da nosa propia ideoloxía, do noso xeito de comprender o mundo que habitamos e de movernos nel. Poderíamos falar dunha concepción de educación como base para todo o demais, do que todo parte e ao que todo volta. É así porque a educación constrúe a forma na que as persoas observamos a realidade, nos situamos nela a nos mesmas e aos demais, e partindo dela podemos interpretala e comprendela. A través desa comprensión vivimos. Aceptar isto supón entender a educación no seu sentido máis amplo, non como un sistema de transmisión de coñecementos ou de xeración de aprendizaxe, senon na capacidade do ser humano de darnos forma e construirnos como persoas.
Si a educación é o que nos fai ser quen somos, entón a educación vólvese a cousa máis importante das cousas importantes, pois na educación están as crenzas, as posibilidades máis os límites, está a memoria da nosa especie, do noso planeta e do universo, están contidas as versións da historia, están as ideoloxías, as teorías, a ciencia… en definitiva, está o sistema de pensamento do que é real e do que é falso, do que é posible e do imposible.
É precisamente por isto, polo que a educación para a nosa organización é fundamental, pero non calquera tipo de educación, senón unha que permita ás persoas desenvolverse plenamente no amor a sí mesmo e no amor aos outros. E cando falamos de amor, non falamos de algo romántico ou idealizado, senón dos valores que, como humanos, nos sentan ben: respecto, cariño, apoio, entendemento, diálogo, comprensión, perdón, atención, etc.
Como sería o mundo si todas as persoas nos quixeramos a nos mesmas e quixéramos aos demais? Moi distinto verdade?
E parece moi doado, moi “lóxico”, moi sensato transmitir todos estes valores positivos pero na práctica non é tan fácil, existen moitas barreiras, algunhas instaladas nas nosas cabezas por mor de tantos séculos vivindo dende a separación. Por iso é necesario falar das educacións transformadoras, que non só forman senón que tamén transforman aos individuos e aos grupos, transformando finalmente as sociedades. Ese é o cambio que queremos ver no mundo e por el traballamos. Estamos a tempo de vivir doutros modos e para logralo temos que imaxinar e construír outra cidadanía global.
Neste enlace podes consultar o Plan Estratéxico para a área de Educación Cidadanía Global SIG 2022-2027.