Emerxencia en Haití
Solidariedade Internacional de Galicia habilita tres números de conta para apoiar ó pobo haitiano ante a devastación causada polo terremoto.
Ás 21:53 GMT do pasado martes 12 de xaneiro, produciuse un sismo de 7,3 na escala Ritchter con epicentro a 15 quilómetros da capital Puerto Príncipe. O terremoto afectou gravemente ao país caribeño, o máis pobre de America Latina. Aínda non hai cifras oficiais de vítimas, pero segundo as estimacións pode haber máis de 50.000 vítimas e un alto número sen determinar de desaparecidos.
O Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación español confirmou o envío urxente de axuda humanitaria dende Panamá, onde a Cooperación española dispón dunha base loxística. Solidariedade Internacional confirma que o seu persoal en terreo se encontra ben.
Solidariedade Internacional centrará a súa axuda en saúde, alimentación e reconstrución.
Solidariedade Internacional ten presenza en Haití dende 2004 e actualmente está a promover accións para o desenvolvemento das poboacións rurais nesta zona. Solidariedade Internacional xunto coas súas entidades socias locais (CROSE, ABCAB e ATEPASE) trata de mellorar as condicións de vida dos e as pequenas produtores/ás agropecuarios. Na cidade de Jacmel, capital do departamento Sueste e onde se encontra a oficina de Solidariedade Internacional, o sismo fíxose notar con forza.
A nosa contraparte local CROSE (Coordinadora de Organizacións da Rexión Sueste) fixo unha primeira avaliación dos danos nos diferentes barrios de Jacmel. 4.537 vivendas devastadas, 37 escolas, moitas delas encontrábanse dando clase no momento do terremoto, máis de 150 comercios, 22 hoteis e restaurantes, 5 centros de saúde, estacións de raio e televisión, e polo menos 18 oficinas de ONG. O 30% dos edificios están completamente afundidos, e máis do 50% afectados. O hospital de Jacmel tamén se viu seriamente afectado, polo que teñen que atender aos feridos na rúa, ademais necesítanse urxentemente medicamentos e persoal médico para atender aos afectados.
A representante de Solidariedade Internacional en Haití viaxará o mércores para colaborar na coordinación da axuda de emerxencia neste departamento.
O traballo de Solidariedade Internacional xunto con nuestas contrapartes locais, CROSE, ATEPASE e ABCAB, centrarase nos labores de coordinación e avaliación da situación nesta rexión para determinar as principais necesidades da poboación. Tras esta avaliación, Solidariedade Internacional ten previsto comezar coa axuda, centrada especialmente en:
- Asistencia sanitaria básica e hixiene.
- Alimentación, auga potable e refuxio.
- Rehabilitación e construción de vivendas.
O traballo articularase a través das entidades da sociedade civil, os que están xogando un papel moi importante nas tarefas de axuda, xa que posúen o coñecemento necesario do terreo e da situación.
Os fondos que están a ser recadados empregaranse na fase de post emerxencia e reconstrución, que servirá tamén para apoiar o traballo que Solidariedade Internacional vén desenvolvendo en Haití dende 2004. Se está a desenvolver nestes momentos 3 liñas de traballo: Produción, transformación e comercialización dos alimentos, fortalecemento da sociedade civil e fortalecemento das municipalidades.
Dende Solidariedade Internacional queremos chamar a atención, non só na axuda de emerxencia necesaria nestes momentos, senón no traballo de reconstrución que se deberá desenvolver posteriormente. Calcúlase que serán necesarios polo menos 10 ou 20 anos de reconstrución para mellorar a situación do país. Hai que recordar que en Haití é o país máis pobre de latinoamérica, onde o 80% da poboación vive con menos de 2 dólares ao día.
A inestabilidade política que vive o país, onde Nacións Unidas ten unha misión dende 2003, sumado a causas estruturais como a forte emigración dende o ámbito rural ás cidades debido á liberalización do prezo do arroz, fixo de Haití un estado fráxil, que está a ter serias dificultades para afrontar a situación.
Os números de conta para facer os ingresos son os seguintes:
- CAIXA GALICIA: 2091 0530 39 3040011953
- CAIXANOVA: 2080 0140 17 0040019075
- BANCO PASTOR: 0072 0290 37 0000101279