Galicia Abriga participa do encontro da Rede Pro TEJER

0 Comentario
5326 Vistas

Os programas de protección temporal do estado español, entre os que se atopa Galicia Abriga, reunímonos en Xixón os días 19 e 20 de setembro no Ateneo da Calzada.

A Rede Pro TEJER é unha rede estatal de programas de protección temporal de persoas defensoras dos Dereitos Humanos que xorde da dobre necesidade de, por unha banda, visibilizar a importancia das iniciativas de acollemento temporal e, doutra, dar resposta aos desafíos que enfrontamos para levar adiante o traballo de acompañamento ás persoas acollidas.

Xuntanza Rede Pro TEJER

Así, o pasado mes de setembro, representantes dos distintos programas atopámonos en Asturias, no encontro anual da rede, que serviu para renovar o compromiso coa protección de persoas ameazadas por defender dereitos, e que nos permitiu establecer mecanismos para unha mellor coordinación.

Neste espazo acordouse que sexa en Galicia onde teña lugar o vindeiro encontro, en setembro de 2025. Pero ata daquela temos un intenso programa de tarefas que inclúe reunións cos ministerios implicados no acollemento temporal, co mecanismo europeo para a recolocación temporal de defensores (Protec Defenders) e coas propias autoridades autonómicas e municipais que están a participar de cada un dos programas.



Visita Sur: As Lideresas Hondureñas

Por Gabriel Rocha Non hai fronteira que limite a forza...

Un encontro de reflexións, soños de cambio e compromiso social

O encontro final do proxecto "Liderados Xuvenís Transformadores" celebrouse o...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.