Entre casas de adobe e terreos secos, o traballo faise visible nas paredes
MEJORHA, entidade socia preferente para Solidariedade Internacional de Galicia, leva máis de 30 anos acompañando a 12 comunidades da Rexión VIII do municipio de Jocotán (Guatemala) nunha estratexia de desenvolvemento integral baseada na defensa de dereitos e a promoción de condicións que garantan unha vida digna para as súas poboacións.
Alí, actualmente, grazas ao financiamento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia e nesta ocasión da man de SODEPAZ, estamos a impulsar un proceso de mellora participativa das vivendas familiares e ordenamento da súa contorna. Pero, que significa isto na práctica?
A día de hoxe, no marco do proxecto «Promoción del derecho a vivienda digna, adecuada y saludable para población indígena Ch´orti´ del municipio de Jocotán, Corredor Seco Oriental (Guatemala)» , traballamos no repello de vivendas, tanto en paredes como no chan.
A través da aplicación desta capa, as casas da zona que tradicionalmente son de adobe, melloran substancialmente, non só pola habitabilidade que dá ter unha casa de cemento, que se pode limpar e na que se pode estar de xeito máis confortable, senón tamén pola redución substancial de vectores de infección que nas casas de adobe fican na parede para saír pola noite.

de Cooperación Galega ao proxecto
Sen embargo, sería erróneo pensar que se trata de accións puntuais. Fálamos da mellora participativa e isto implica que cada membro da comunidade colabora como condición para que as obras se poidan realizar na súa casa. Isto permite transitar dunha axuda asistencialista e puntual, a unha na que os propios destinatarios se apropian da vivenda que eles mesmos están axudando a construír.
Sempre se intenta contratar no proxecto a albañís da zona, e se non os hai, se capacitan para que o proxecto se dote dun marco de sostibilidade e contribúa a autonomía que se busca fomentar nas comunidades. Ademais, esta colaboración de MejorHa coas comunidades está interrelacionada e se complementa con moitos dos outros proxectos que ten a entidade neste terrirtorio. Entre estes están o fortalecemento das capacidades técnicas, organizativas e políticas da sociedade civil, a axuda para a xestión de subsidios e a participación na elaboración e implementación da Política Municipal de Vivenda Saúdable.

Mais, tras o cemento, hai algo máis importante; unha relación de confianza
construída durante máis de tres décadas. E precisamente por iso non só a
participación é alta, senón que tamén son moitas as persoas que afirman que, cando outras institucións desapareceron, MejorHa seguiu estando aí.
Nun sistema que aparta, discrimina, e minimiza, só queda a alternativa da resistencia comunitaria. Sen embargo, cando un non é consciente dos dereitos que ten ou como reivindicalos isto complícase. E aí entra MejorHa, informando e acompañando a estas comunidades non só para mellorar a súa vida, senón para contribuír á creación dun mundo máis xusto.
Ás veces, transformar unha comunidade non comeza por construír unha parede, senón por permanecer ar ao seu lado o tempo suficiente para que poida construír o seu propio futuro.

