Esta semana invitámoste ao teatro!

0 Comentario
533 Vistas

Solidariedade Internacional de Galicia, en colaboración coa compañía catalana Xucrut Teatre presentan VAYA TELA!,
unha nova peza teatral coa que reflexionar sobre os nosos modelos de produción e consumo.

Da realidade dun taller de costureiras de Galicia, á actividade frenética dunha tenda. Somos o que vestimos? Vestímonos como somos? Situacións sobre o consumo de roupa cheas de humor para reflexionar e espir inercias cotiás.

  • A CORUÑA. Martes, 25 de abril ás 20:00 horas no Forum Metropolitano.
  • OURENSE. Xoves, 27 de abril ás 20:00 horas no Teatro Principal.
  • PONTEVEDRA. Venres, 28 de abril ás 20:00 horas no Auditorio do Centro Social Fundación Novacaixagalicia.

Recolle as túas invitación nas Tendas de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia
ou en taquilla os días das representacións.

Vaya Tela!

Vaya Tela! forma parte da campaña que, baixo o mesmo título, está a impulsar Solidariedade Internacional de Galicia co obxectivo de informar, formar e ofrecer recursos para exercer un consumo máis responsable e ético.

Alumno/as de 15 institutos galegos participaron xa das distintas actividades propostas nesta iniciativa que rematará o vindeiro mes de maio coa celebración do Dia Mundial do Comercio Xusto nas principais prazas de diferentes vilas galegas.


III PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL

Convocatoria aberta! O propósito do galardón é recoñecer experiencias educativas...

COÑECES AS NOSAS TENDAS?

As compañeiras de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.