Celebramos 20 anos de Comercio Xusto en Ourense!
O 22 de novembro de 2004 abría en Ourense unha tenda de Comercio Xusto na cidade das Burgas. O primeiro establecemento comercial de Solidariedade Internacional de Galicia.
Vinte anos despois, e grazas a todos os ourensanos e ourensanas que apostan por un modelo de consumo ao servizo das persoas e o planeta, seguimos abrindo as nosas portas cada día.
Queremos compartir este momento con todas as persoas que o fixeron e o fan posible e, por iso, convidámoste a participar dun acto de celebración e homenaxe a estes 20 anos de historia en Ourense.
Se queres festexalo con nós, confírmanolo enviando un mail a tenda.ourense@solidaridadgalicia.org.