ACHEGAMENTO AO TRABALLO DE….pretende ser un ciclo de encontros, a celebrar nas diferentes Tendas de Comercio Xusto, a través dos cales coñecer e profundizar nás nosas entidades socias e o seu papel en cadanseus territorios na procura de melloras das condicións de vida.
Comezamos o xoves 13 de outubro, acollendo na Tenda de Pontevedra un encontro no que daremos a coñecer o traballo do colectivo feminista boliviano MUJERES CREANDO.
Dende o ano 2020 apoiamos a labor realizada polo movemento liderado pola recoñecida activista María Galindo na defensa e promoción do dereito das mulleres a unha vida libre de violencias.
Nesta ocasión, nun encontro co voluntariado, aberto á cidadanía e a través dunha proposta artísitica, daremos a coñecer esta colaboración poñendo en valor o importante papel que MUJERES CREANDO desenvolve no país andino e o rol que, neste senso, cumpre a Cooperación Internacional.
Esta actividade está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.