Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Activismo Senior. A Coruña

0 Comentario
814 Vistas

A Universidade Sénior e a ONG Solidariedade Internacional Galicia colaboran neste Proxecto que será desenvolvido no campus da Coruña, durante os mes de decembro de 2021. Inscrición on-line do 15 ao 28 de novembro.

Universidade Sénior e a ONG Solidariedade Internacional Galicia colaboran neste proxecto que será desenvolvido no campus da Coruña.

Un proceso formativo vencellado coa Cooperación Internacional, a Educación para a Cidadanía Global e a Participación Social, composto por 6 horas de traballo, distribuídas en 3 Obradoiros presenciais de 2 horas, na Aula 2 da Universidade Sénior en Normal (Paseo de Ronda, 47, 1º) na Coruña.

Obradoiro I: Cooperación Internacional e Educación para a Cidadanía Global. 2 de decembro, 17 a 19 h.
Obradoiro II: Participación Social, Mobilización Social e Voluntariado. 9 de decembro, 17 a 19 h.
Obradoiro III: Actuar para transformar. 16 de decembro, 17 a 19 h.

INSCRICIÓN: As prazas son limitadas (25 participantes), tendo preferencia os alumnos/as matriculadas na Universidade Sénior no curso 2021-2022, e serán asignadas por orde de inscrición.
A inscrición, que é gratuíta, só poderá realizarse mediante formulario electrónico no seguinte prazo: do 15 ao 28 de novembro, a través da páxina web: www.udc.gal/senior.

Este proxecto está financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia a través da convocatoria da asignación do 0,7% do IRPF.

 

 

Detalles

Fecha:
diciembre 2, 2021
Hora:
17:00 - 19:00
Categoría del Evento:

Local

Universidad Senior
A Coruña,

Organizador

Solidariedade Internacional de Galicia
Teléfono:
981243506
Correo electrónico:
direccion@solidaridadgalicia.org
Web:
www.solidaridadgalicia.org