Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Activismo Senior. Ourense

0 Comentario
1001 Vistas

E chega a Ourense o ciclo «Activismo Senior; Cooperación Internacional e Cidadanía Global a partir dos 50» co obxectivo de contribuír á formación integral das persoas maiores de 50 anos para exercer a cidadanía global, promovendo a súa participación social.

DESTINATARIOS
Persoas maiores de 50 anos con ganas de cambiar o mundo.

DATAS E LUGAR:
Mércores 26 de xaneiro e mércores 2 de febreiro en horario de 10:30-12:30h na Tenda de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia (Bailén, 4. Ourense)

PROGRAMA

OBRADOIRO I: COMERCIO XUSTO, COOPERACIÓN INTERNACIONAL E EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA GLOBAL 

Achegarase unha mirada Global das problemáticas sociais e medioambientais actuais a través do Comercio Xusto, a Cooperación internacional, a Cidadanía Global, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e as relacións de interdependencia e corresponsabilidade como ferramentas de transformación social.

OBRADOIRO II: ACTUAR PARA TRANSFORMAR; PARTICIPACIÓN SOCIAL E VOLUNTARIADO 

Abordaranse distintos xeitos de participación social e activismo, coñecerase «O Globo», unha ferramenta de participación específica que permitirá levar á práctica o aprendido a través do deseño conxunto dunha micro-experiencia de transformación social.

Podes facer a túa inscrición no 988 044 059 ou no mail educacion@solidaridadgalicia.org

Este proxecto está financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia a través da convocatoria da asignación do 0,7% do IRPF.

Detalles

Fecha:
enero 26, 2022
Hora:
10:30 - 12:30
Categoría del Evento:

Local

Tenda Solidariedade Internacional de Galicia
Ourense,

Organizador

Solidariedade Internacional de Galicia
Teléfono:
981243506
Correo electrónico:
direccion@solidaridadgalicia.org
Web:
www.solidaridadgalicia.org