Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Activismo Senior. Vilagarcía

0 Comentario
963 Vistas

O IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela e a ONG Solidariedade Internacional Galicia colaboran neste proxecto que será desenvolvido no campus da Lugo. Inscrición on-line ata o 3 de decembro.

A Universidade de Santiago de Compostela e a ONG Solidariedade Internacional Galicia colaboran neste Proxecto durante o mes de abril de 2021, que será desenvolvido no campus de Lugo.

OBXECTIVO
Contribuír á formación integral das persoas maiores de 50 anos para exercer a cidadanía global, promovendo a súa participación social.

DESTINATARIOS
Alumnado do IV Ciclo Universitario da USC da Sede de Vilagarcía.

DATAS E LUGAR:
Luns 13 e luns 20 de decembro en horario de 11:00-13:00h na Aula CeMIT (Avda. Matosinhos, 1 – Vilagarcía de Arousa).

PROGRAMA

OBRADOIRO I: COOPERACIÓN INTERNACIONAL E EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA GLOBAL (13 DECEMBRO DE 11:00-13:00H)
Achegarase unha mirada Global das problemáticas sociais e medioambientais actuais a través da Cooperación internacional, a
Cidadanía Global, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e as relacións de interdependencia e corresponsabilidade como ferramentas de transformación social.

OBRADOIRO II: ACTUAR PARA TRANSFORMAR; PARTICIPACIÓN SOCIAL E VOLUNTARIADO (20 DECEMBRO DE 11:00-13:00H)
Abordaranse distintos xeitos de participación social e activismo, coñecerase «O Globo», unha ferramenta de participación específica que permitirá levar á práctica o aprendido a través do deseño conxunto dunha micro-experiencia de transformación social.

Este proxecto está financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia a través da convocatoria da asignación do 0,7% do IRPF.

 

 

 

Detalles

Fecha:
diciembre 20, 2021
Hora:
11:00 - 13:00
Categoría del Evento:

Local

Universidad Senior
A Coruña,

Organizador

Solidariedade Internacional de Galicia
Teléfono:
981243506
Correo electrónico:
direccion@solidaridadgalicia.org
Web:
www.solidaridadgalicia.org