Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Campaña #AquíeAcoláOXusto Aldea de O Couto

0 Comentario
892 Vistas

Dentro da campaña #AquíeAcoláOXusto este sábado 17 de decembro a partir das 16:00 estaremos na Aldea de o Couto, na Fundación Eduardo Pondal, coa feira #AquíAcoláOXusto, a representación teatral Vaia Tea e contacontos.

Na feira, os e as asistentes á feira poderán achegarse á realidade que existe detrás de algúns dos alimentos que consumimos no noso día a día como o azucre, o cacao ou o café.

A través desta actividade, Solidariedade Internacional de Galicia proporciona información a cerca da súa orixe, produción, comercialización, características e variedades, así como dos problemas aos que os produtores e produtoras se enfrontan ata que esta mercancía chega as nosas mans.

Ademáis o público asistente tamén poderán degustar variedades de café, cacao e azucre.

 

Somos o que vestimos? Que sabemos sobre as implicación do consumo de roupa a nivel internacional? Cal é a realidade das traballadoras da industria téxtil no mundo?

Para contestar a estas e outras preguntas, teredes que participar da obra de teatro ‘Vaia tea’.

Nesta peza de Xucrut Teatre para Solidariedade Internacional Galicia representaranse situacións sobre o consumo de roupa acompañadas de humor e co obxectivo de promover a reflexión.

Será unha sesión aberta e de balde ata completar o aforo .

A campaña Aquí e Acolá O Xusto, financiada por Cooperación Galega da Xunta de Galicia, coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación, nace para sensibilizar á poboación sobre as desigualdades sociais que provoca o comercio internacional e achegar alternativas de consumo máis sostibles que respecten os dereitos humanos de todas.

Detalles

Fecha:
diciembre 17, 2022
Hora:
15:00 - 18:00
Categoría del Evento:

Local

Aldea de O Couto
España

Organizador

Concello de Ponteceso