ASEMBLEA ANUAL ORDINARIA
O vindeiro sábado, 18 de abril de 2026 no Centro Social O Burgo de Pontevedra ás 11:00
horas, terá lugar a ASEMBLEA ANUAL ORDINARIA de Solidariedade Internacional de
Galicia.
Un espazo colectivo no que coñecer en profundidade a labor da nosa entidade e as persoas que a forman a través da presentación do traballo realizado no 2025 e a planificación conxunta do que queremos para este 2026.
Orde do día;
-Informe de actividades 2025
-Informe económico 2025
-Plan anual 2026
-Orzamento 2026
-Rogos e preguntas
Se es socio ou socia e queres participar, agradecemos confirmes a túa asistencia enviando un mail a
a direccion@solidaridadgalicia.org ou chamando ao teléfono 981 24 35 06.
Un saúdo!
