Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Cata de cacao. Bretoña

0 Comentario
1765 Vistas

O martes 11 de agosto a partir das 17:00h no Teleclub de Bretoña (A Pastoriza), organizamos unha cata de chocolate de comercio xusto da man da Asociación de Amas de Casa de Bretoña.

A través desta actividade achegaremos ás persoas participantes que é o cacao e cal é a súa orixe, os diferentes tipos que hai así como o seu proceso de elaboración e as dinámicas que se dan nel. Por último, probaremos chocolates de comercio xusto con diferentes orixes.

A través do cacao aportarase unha mirada global sobre as problemáticas sociais e medioambientais actuais, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e as relacións de interdependencia e corresponsabilidade como ferramentas de transformación social orientada ao exercicio da participación social das persoas maiores.

A inscición realizarase ata o día 09/08 a través do seguinte número de teléfono: 680 218 783 (Mercedes).

A actividade terá carácter gratuíto para todas as persoas participantes.

Este proxecto está financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia a través da convocatoria da asignación do 0,7% do IRPF.

Máis información en: direccion@solidaridadgalicia.org.

Detalles

Fecha:
agosto 11
Hora:
17:00 - 18:30
Categorías del Evento:
,

Local

Teleclub de Bretoña
España