Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Cata de cacao. O Bolo

0 Comentario
1477 Vistas

O luns 9 de decembro a partir das 17:00 coa asociación ANFAR Os Navallos do concello do O Bolo (Ourense), organizamos unha cata de chocolate de comercio xusto.

En que consiste? Aprenderemos que é o cacao e cal é a súa orixe; tipos de cacao así como o seu proceso de elaboración e por último, probaremos chocolates de comercio xusto con diferentes orixes.

A través do cacao aportarase unha mirada global sobre as problemáticas sociais e medioambientais actuais, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e as relacións de interdependencia e corresponsabilidade como ferramentas de transformación social orientada ao exercicio da participación social das persoas maiores.

Este proxecto está financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia a través da convocatoria da asignación do 0,7% do IRPF.

Máis información en: educacion@solidaridadgalicia.org

Detalles

Fecha:
diciembre 9, 2024
Hora:
17:00 - 19:00
Categoría del Evento:

Local

O Bolo, Ourense