O martes 21 de xaneiro a partir das 11:00 co alumnado do programa universitario de maiores da Universidade de Vigo, organizamos unha cata de chocolate de comercio xusto.
En que consiste? Aprenderemos que é o cacao e cal é a súa orixe; tipos de cacao así como o seu proceso de elaboración e por último, probaremos chocolates de comercio xusto con diferentes orixes.
A través do cacao aportarase unha mirada global sobre as problemáticas sociais e medioambientais actuais, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e as relacións de interdependencia e corresponsabilidade como ferramentas de transformación social orientada ao exercicio da participación social das persoas maiores.
Este proxecto está financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia a través da convocatoria da asignación do 0,7% do IRPF.
Máis información en: educacion@solidaridadgalicia.org

